A novela histórica toma o Concello de Verín coa participación dun Premio Planeta

Os escritores e investiadores Margarita Torres, Francisco Narla, Alejandro Corral, José Calvo Poyato, José Luís Corral ou o Premio Planeta Santiago Posteguillo participarán nas II Xornadas de Novela Histórica da Biblioteca do Concello de Verín.

Por Galicia Confidencial | Verín | 27/10/2018 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A novela histórica move na actualidade millóns de lectores e moitas das súas obras serviron de base para numerosas películas históricas. Precisamente, para descubrir e coñecer aínda máis este fenómeno literario o Concello de Verín organiza a II Xornadas de Novela Histórica. Un evento que se celebrará o 29 e 30 de marzo do vindeiro ano e o que acudirá o Premio Planeta Santiago Posteguillo.

Recreación dun caudillo viquingo
Recreación dun caudillo viquingo | Fonte: legadohistoria.blogspot.com

O autor valenciano estará presente nunha mesa redonda que levará por título “Novelas históricas sobre la Hispania romana”. Na mesma estará acompañado por Margarita Torres, escritora e profesora titular de Historia Medieval da Universidade de León, e polo autor galego Francisco Narla. Santiago Posteguillo tamén presentará a súa obra premiada pola editorial Planeta Yo, Julia. Coma o ano pasado o terminar a mesa redonda, os poñentes  atenderán ao público e  aos medios de comunicación presentes.

Tras o éxito da primeira edición da iniciativa, con máis de 650 asistentes, Verín organizará unha segunda edición na que tamén estará o novel escritor Alejandro Corral, (El cielo de Nueva York. G. Planeta 2015) que disertará sobre como converterse en escritor e chegar a publicar unha novela.

Os escritores e profesores José Calvo Poyato e José Luís Corral tamén regresan as Xornadas verinesas; desta volta coa conferencia.  Calvo Poyato, ademais da súa participación en varias mesas redondas presentará a conferencia “El último tesoro visigodo: un hallazgo extraordinario”; por outra banda,  J.L. Corral. presentará o seu último traballo sobre “os Austrias”, que completa a súa triloxía escritores.

POTENCIAL ECONÓMICO E TURÍSTICO

Un dos impulsores destas xornadas é o divulgador Miguel Losada, secretario da Sociedade Antropolóxica Galega, que destaca o potencial, non só comercial, senón turístico deste xénero literario. “En Galicia falamos moitas veces dese síndrome que pode ter unha parte da sociedade e que fai que vexamos o propio como algo de pouca importancia ou interese, pero hai que ter en conta que a historia e a cultura galega son monumentais, os seus contidos dignos dos mellores desenvolvementos e que a partires deles pódense crear novas realidades e oportunidades”, asegura.

Varios escritores de novelas históricas co alcalde de Verín
Varios escritores de novelas históricas co alcalde de Verín

Sobre novela histórica galega recomenda a edición facsímile da obra que escribira Benito Vicetto en 1844 “El caballero verde” ambientada na Galicia baixo medieval, No ano do Cometa do gran Xoan Bernárdez Vilar e A cruz de Cinza de Fran Zabaleta.

O ciclo de conferencias en torno á Novela Histórica de Verín está organizado pola Biblioteca Pública Municipal, a concellería de Cultura do Concello de Verín, a Sociedade Antropolóxica Galega e a Asociación Escritores con la Historia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta