Controlado un incendio nunha nave de madeiras de Betanzos

Os medios de extinción dunha empresa de madeiras e os bombeiros puideron evitar a súa propagación.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/10/2018 | Actualizada ás 10:52

Comparte esta noticia

Os medios de extinción dunha empresa de madeiras e os bombeiros lograron controlar un incendio iniciado nas cintas transportadoras dunha nave de madeiras de Infesta, na localidade coruñesa de Betanzos, evitando a súa propagación.

Casco vello de Betanzos
Casco vello de Betanzos

Segundo informa o 112, unha chamada dos traballadores preto das 20,00 horas deste venres permitiu que se activase un operativo no que traballaron persoal da compañía e os medios do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento da zona.

Poucos minutos despois, o incendio estaba controlado e confinado na parte das cintas transportadoras co fin de evitar a súa propagación a outras zonas da planta. Ademais dos bombeiros, completaron este operativo os profesionais sanitarios, que acudiron por precaución, os axentes da Policía Local e voluntarios de Protección Civil da localidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta