Falece o condutor dun vehículo despois dun accidente en Boqueixón

Ferido un motorista en Viveiro (Lugo) ao chocar cun poste que caeu nun accidente previo

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/10/2018 | Actualizada ás 10:58

Comparte esta noticia

Segundo informa o 112, foi sobre as 22,15 horas deste venres cando recibiu a chamada dunha persona que pedía asistencia urxente para un home atrapado no interior dun coche tras unha saída de vía.

Control establecido pola Garda Civil
Control establecido pola Garda Civil

Segundo se indicou, o vehículo accidentado estaba na estrada de Boqueixón cara o Pico Sacro. Até o lugar desprazouse un equipo do 061 e unha dotación do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Ordes para liberar ao único ocupante do vehículo.

O operativo completárono os axentes da Garda Civil de Tráfico e os voluntarios de Protección Civil da localidade. Con todo, os efectivos mobilizados nada puideron facer para salvar a vida do condutor.

ACCIDENTES ENCADEADOS EN VIVEIRO

Así mesmo, o 112 informou de que, pouco antes da pasada medianoite, recibiu a alerta de dous accidentes encadeados en Viveiro (Lugo). Nun primeiro momento, un coche chocou contra un poste, que caeu ao chan e causou un segundo accidente, no que resultou ferido un motorista.

Ocorreu na Ponte da Misericordia, segundo explicou o veciño que chamou ao 112 para pedir axuda. O ferido --sinalou-- era un motorista que chocou contra o poste tirado nun choque anterior. Para atender ao home ferido, acudiu ao momento unha dotación do 061, e o 112 informou os bombeiros da localidade e aos membros do servizo local de emerxencias.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta