Piden catro anos e medio de prisión a un home por abusar da súa irmá menor

Relata que o acusado, "baixo os efectos do alcol e as drogas", realizou tocamentos á súa irmá.

Por E.P. | VIGO | 27/10/2018 | Actualizada ás 17:39

Comparte esta noticia

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acollerá este martes, día 30 de outubro, un xuízo contra un home que supostamente abusou da súa irmá mentres esta era menor de idade. Segundo o escrito de acusación da Fiscalía, o procesado non ten antecedentes e recoñeceu os feitos ante a autoridade xudicial. Impútanselle dous delitos de "abuso sexual a un menor" cunha pena de catro anos e seis meses de prisión. Esta causa procede do Xulgado de Intrucción nº1 de Redondela. Segundo a Fiscalía, nunha ocasión o home, maior de idade e que se atopaba "baixo os efectos do alcol e as drogas, achegouse de noite ao regresar a casa á súa irmá, menor de idade, que durmía no sofá "con afán de satisfacer o seu ánimo lúbrico".

Un coche patrulla da Policía Nacional. CNP - Archivo
Un coche patrulla da Policía Nacional. CNP - Archivo

O home, segundo o relato de acusación, introduciu a súa man por baixo do pixama realizoulle "tocamentos" provocando que a súa irmá se espertase. Esta acción repetiuse, en similares circunstancias, "a pesar de que ela lle pediu en varias ocasións que parase". O acusado, segundo recolle o Fiscal, presenta un patrón clínico "depresivo e ansioso", diagnóstico de "trastorno mental e do comportamento" ligado a uso de alcol e drogas, e trazos desadaptativos da personalidade. Neste momento atópase a tratamento de "deshabituación" de drogas.

PENA DE PRISIÓN

Por estes feitos, a Fiscalía pide dúas penas de dous anos e tres meses de prisión. A presunta vítima "non reclama" na causa. Así mesmo, o Ministerio Fiscal "non se opón á suspensión da execución da pena de prisión" mentres que o acusado "non delinca durante cinco anos" e "certifíquese" que se atopa deshabituado ou sometido a tratamento para tal fin.

O acusado, en caso de non entrar en prisión, tampouco poderá achegarse "a unha distancia inferior a 200 metros" nin "comunicarse" coa súa irmá durante "seis anos". Terá que realizar 180 de traballos en beneficio da comunidade e continuar co tratamento de deshabituación.

Por outra banda, a sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrará este mércores, día 31 de outubro, un xuízo por suposta "agresión sexual" no que a Fiscalía solicita a "libre absolución". Tras a instrución, a Fiscalía sostén que non quedou acreditado que o home acusado forzase a manter relacións sexuais á filla da súa parella, que naquel momento era menor de idade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta