Os críticos de En Marea tomban a estratexia da dirección que encabeza Luís Villares

O plenario de En Marea aprobou con 271 votos a favor e 181 en contra, unha emenda á totalidade da estratexia política da dirección, referente ao papel a xogar polo partido instrumental no panorama estatal e a forma de presentarse ás eleccións europeas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/10/2018 | Actualizada ás 20:45

Comparte esta noticia

Así, o plenario deu luz verde á emenda á totalidade presentada polo sector crítico, agrupado na denominada Mesa da Confluencia, promovida por Compostela Aberta e na que participan Anova, EU, Podemos e mareas municipalistas como Marea Atlántica ou Ferrol en Común, entre outras. Na defensa do documento oficialista, o portavoz, Luís Villares, asegurou que as teses que propón a dirección non parten dela, senón "dos inscritos" que participaron en encontros desenvolvidos en setembro en catro provincias galegas.

Plenario de En Marea en Santiago. EN MAREA
Plenario de En Marea en Santiago. EN MAREA | Fonte: Europa Press

Ademais, afeou ao sector crítico presentar unha emenda ao documento oficial na que "non encaixaban as teses políticas da situación no Estado e as eleccións europeas". Ademais, tamén cargou contra a acusación da Mesa sobre o suposto "mecenado" da dirección a certas mareas municipalistas. Villares remarcou que En Marea, como organización de ámbito nacional, limitouse a prestar apoio loxístico e económico a aqueles proxectos municipalistas que así llo solicitaron, por exemplo, a marea do Porriño para a elaboración dun boletín de noticias.

MAREA DE FERROL

Na súa emenda, os críticos fan referencia á situación xerada hai uns meses en Ferrol, co suposto apoio da Coordinadora de En Marea ao nacemento de Marea de Ferrol, promovida por un sector procedente de Ferrol en Común, candidatura que goberna a cidade departamental desde 2015. Así, Villares recoñeceu que "por responsabilidade" mentiu ante a prensa cando alegou motivos de axenda para non acudir ao aniversario de Ferrol en Común. "Non asistimos (a dirección) porque non fomos convidados", espetou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 salva

Os mesmos que montaron o follón no congreso do SLG no ano 2007, Miguel Mendez, Lidia Senra e a rupturista e Ana de Chantada....os mesmos que daquela non aceptaron as listas proporcionales, os mesmos que expulsaron a unha traballadora do SLG por estar casada cun avogado da CIG, son agora os que rompen ENMAREA....moi rupturistas, menos para cobrar señora Senra

1 Pepe Romoncin

A culpa da ruptura do SLG non foron Lidia e Miguel, senon que foi Carmwn Freire e Lolo Docampo....que non se enteran de nada

2 toninho

A culpa é da UPG!!!!

1 Marga

Esta noite eu metería o coche no garaxe...