Complicacións en estradas de Lugo e Ourense polas primeiras nevaradas da tempada

Para as vindeiras horas haberá aviso amarelo que se manterá durante o domingo por acumulación de neve en zonas altas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/10/2018 | Actualizada ás 20:54

Comparte esta noticia

Así, segundo informou o 112, a Garda Civil de Tráfico decretou nivel amarelo entre o quilómetro 0 e o 21 da LU-633 mentres actuaban as máquinas de limpeza da calzada. Ademais, na A-6, do quilómetro 432 ao 438, houbo algunhas complicacións que tamén se foron emendando co paso das máquinas.

Neve en estradas de Lugo
Neve en estradas de Lugo

De igual modo, en Verea (Ourense), rexistrouse un accidente de tráfico sen danos persoais na OU-540, entre Ourense e Lobios, que foi ocasionado pola cantidade de saraiba acumulada.

Precisamente Meteogalicia fai constar na súa páxina web un aviso amarelo para as próximas horas deste sábado e tamén para este domingo por acumulación de neve en zonas altas e unha situación complicada no mar en todo o litoral galego.

Así mesmo, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior activará a alerta laranxa polo temporal costeiro que afectará o noroeste e oeste da provincia da Coruña. A Axencia Estatal de Meteoroloxía informa de que, a partir das 4,00 horas do 28 de outubro, espérase temporal por mar con ondas que poden alcanzar os 5 metros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta