Gómez-Reino ve "democraticamente san" o debate do plenario de En Marea e pide a "refundación"

Prevé que "o que aconteceu nas municipais de 2015 foi un tremor inesperado", así ve "difícil" que haxa outro maior.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/10/2018 | Actualizada ás 17:49

Comparte esta noticia

O recén elixido secretaroi xeral de Podemos Galicia, Antón Gómez-Reino, ve “democraticamente san” o debate e as discrepancias manifestas durante o plenario de En Marea deste sábado pasado. Nese plenario o sector crítico impuxo a maioría das súas enmendas para a renovación da coordinadora. Nese sentido, o deputado no Congreso convidou á actual dirección a “asumir o que puxeron sobre a mesa”: “Hai que ampliar, refundar o espazo e facelo máis maduro”.

Antón Gómez-Reino
Antón Gómez-Reino

Así o dixo Gómez-Reino nunha entrevista na Radio Galega onde lle preguntaron se o proceso interno de renovación do partido instrumental se debería facer con listas abertas ou pechadas (finalmente serán pechadas, apoiadas coa actual dirección) o secretario xeral de Podemos Galicia respondeu que “hai que buscar as mellores fórmulas para que a pluralidade se visualice”.

Nese sentido, considera que “é o momento de aprender a xestión da pluralidade de mellor maneira”, e ao tempo reiterou o seu compromiso pola “confluencia” e as “alianzas” para concorrer ás eleccións europeas, municipais e autonómicas, pois “é a aposta de máis do 80 por cento dos inscritos en Podemos Galicia”.

Mirando xa os novos comicios, Gómez-Reino propuxo tomar “unha folla de ruta colectiva”. “Onte (no plenario) visualizouse que nas militancias hai diferentes posicións e agora o que toca é que os diferentes inscritos e dirixentes teñamos a responsabilidade de saber construir unha síntese que sirva para todos” indicou.

Sobre a fórmula que debera ter Podemos Galicia para ir ás eleccións xunto cos seus aliados (as bases prefiren  unha coalición), Gómez-Reino respostou que a “mellor” é aquela que teña “certa marxe de flexibilidade” e que permita “visualizar a pluralidade” pero tamén “visualizar Podemos”.

Non obstante, Gómez-Reino rexeitou concretar por que modalidade aposta “equivocariamonos os dirixentes se falamos moito de fórmulas políticas e pouco de pensións, de sanidade, da negociación da PAC, da cuestión pesqueira...iso é o que importa á cidadanía”.

UN "SATÉLITE" DE UNIDOS PODEMOS

Durante o plenario do sábado, a deputada no Congreso, Alexandra Fernández (Anova) criticaba de maneira aberta a acción política de En Marea en Madrid, xa que a formación é, nas Cortes, un “satélite” do Grupo Confederal de Unidos Podemos. Na entrevista, Gómez-Reino dixo que “en absoluto” se sentiu aludido polas palabras da súa compañeira na Cámara Baixa.

“Evidentemente todo o mundo é lexítimo de expresar a súa opinión. A compañeira Alexandra tamén, pero creo que o funcionamento do grupo do Congreso ten que visualizarse coa cantidade de iniciativas, de PNL, de preguntas e o peso político que ten o Grupo Confederal dentro do Congreso. Creo que dentro dese nivel estamos facendo un bo traballo” defendeu.

Seguidamente defendeu que o acordo do Goberno central e Unidos Podemos para a aprobación dos Presupuestos Generales de 2019 “beneficiará a Galicia”, polo que erixiu ao grupo de En Marea no Congreso como “garantía dos intereses galegos”. “Todo o mundo é consciente de que nós somos deputados de En Marea”.

"REFORZAR" O PAPEL DE PODEMOS

Non obstante, Gómez-Reino propuxo “reforzar” o papel de Podemos Galicia “cos seus aliados” e “en todos os niveis de integración política: municipal, no Parlamento galego e no Congreso”. Por iso sinalou que deben ofrecer “tanto aos aliados como á cidadanía un proxecto que cree estabilidade”.

A todo isto engadiu que En Marea aspira ser “un espazo político chamado para liderar o cambio” en Galicia, aínda que cre que “o que pasou en 2015 (as eleccións municipais anteriores) foi un tremor inesperado” e que “é difícil” facer un  “aínda máis grande”. 

Da mesma maneira, o secretario xeral de Podemos en Galicia non lle deu moita importancia aos resultados electorais que vaticina o Centro de Investigaciones Sociológicas (CIS), que esta semana desvelaba que En Marea caería en Galicia ata o 5 por cento de apoios nunhas hipotéticas eleccións xerais.

Nese contexto, reivindicou que “ o único termómetro electoral” é “o día” das eleccións, para o que apostou por ser “útiles e conscuentes”: “Estar coa xente, estar nas mobilizacións e saber trasladar os seus problemas”.

Sobre a suba da peaxe da AP9 anunciado esta semana polo Goberno central, Gómez-Reino declarou que o ve como unha “burla”, xa que “vulnera a demanda da cidadanía”, que “paga as peaxes a través dos orzamentos”. Así memos, dixo que a sociedade está “cansada de que PP e PSOE voten diferente en Madrid e en Galicia” (o traspaso das competencias da autoestrada foi apoiada por unanimidade no Parlamento autonómico).

PRIMARIAS DE PODEMOS GALICIA

Gómez-Reino foi elixido esta semana como secretario xeral do partido en Galicia, logo de gañar a Carolina Bescansa, que tamén é deputada no Congreso, todo por unha marxe de dez puntos. Cando lle preguntaron sobre a folla de ruta, sinalou a “unidade” e o respecto á “pluralidade de posicións”, liñas que, dixo, “xa empezamos a traballar”.

Tamén destacou que “desde o primeiro  momento” dentro do proceso de primarias, a súa candidatura tivo “a man extendida” para a integración da lista de Bescansa. “Agora xa non hai listas nin nada que se lle pareza. A miña primeira responsabilidade é facer sentir a todo o mundo cómodo nesa dirección” reivindicou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

2 Gómez-República

Que o refunde el desde os balnearios precarios dos alpes

1 Gamela

Non sei como dicir que este artista non é precisamente o que máis traballa no Congreso (67 iniciativas) mentras Alexandra Kollontai está dende o primeiro día dando a cara (274 iniciativas) e por riba aparece no Plenario e non se esconde... http://www.galiciaconfidencial.com/... Semella que Tone está máis a carón de Yolanda Díaz & Eva Solla (?) Se é así as vindeiras eleccións serán un puro desastre en Galicia !!!

1 Per

Estou dacordo con Gamela.

2 Era visto

E lo? Esperabades outra cousa. É a história dun desastre anunciado desde a súa xestación. Moito visionario que xa comeza a aterrar. Avisados estabades desde o inicio. Apagaron as rúas e a esquerda real. Despareceron o país das institucións onde chuchan. Era vistoso