Ciudadanos tamén quere meter baza en Lalín

Lanza a iniciativa 'Queremos escucharte' que levará á formación laranxa por todas as parroquias do Concello.

Por Galicia Confidencial | Lalín | 30/10/2018 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Ciudadanos vai forte en Lalín e quere facerse un oco entre o PP e Compromiso por Galicia (CxG). Ou esa é a súa intención. A formación laranxa que presentaba hai pouco as súas credenciais nesta vila quere, co seu coordinador ao fronte, Pablo Senande Méijome, “devolverlle a voz a todos aqueles veciños”. Por iso, realizará unha serie de xuntanzas en todas as parroquias de Lalín para recoller as impresións e preocupacións dos veciños.

A agrupación de C'S en Lalín coa voceira en Galicia, Olga Louzao, e o novo líder local, Pablo Senande Méijome
A agrupación de C'S en Lalín coa voceira en Galicia, Olga Louzao, e o novo líder local, Pablo Senande Méijome

“É moi importante outorgarlle ás parroquias a importancia que se merecen e por iso cremos imprescindible achegarnos a cada unha das parroquias”, indicou Senande Méijome. A iniciativa, 'Queremos Escucharte', levará a Cs a percorrer o municipio durante os meses de novembro e decembro e a manter reunións con todos aqueles veciños que se queiran achegar e charlar abertamente coa formación laranxa.

“O que pretendemos é lograr achegar a política ao veciño para facela máis transparente e máis eficaz. Parécenos imprescindible contar coa opinión da xente para poder configurar o proxecto de futuro que todos queremos para Lalín”, indicou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 Españolistas dades noxo

Sempre está ben que os galegos que queiran suicidarse teñan variedade na escolla.

3 Deza forever

Unha boa noticia para Lalín. Moitos esperamos que un partido político novo, moderno e desenfadado, protagonista de grandes vitorias fronte ao máis cutre racismo, poida arrastrar o negro e casposo caciquismo de Lalín protagonizado pola poderosa famiglia de sempre.

2 Salgueiro

O pior de todo non é que exista ese partido. Tanto me ten. O pior de todo é que non lhes dea vergonha saír na foto. E pensar que van ter máis votos nas Xerais na Galiza que o BNG... Que difícil é ser galego e andar polo mundo adiante! Pero non me extranha moito que haxa estas aberracións sociais. Cando a guerra só deixaron vivos aos ignorantes e fascistas. Que moitas veces eran o mesmo. E logo veu a reacción dos partidos de esquerda e nacionalistas e copiaron ou eran moi semelhantes aos que querían eliminar da sociedade. E pasou o que tinha que pasar. Que uns e outros parécense moito.

1 anonimo

Non acredito que o digan en galego (polas comillas), despois do desprezo que amosaron pola nosa Lingua. E pensar que tiveron o meu voto cando eu pensaba que eran progresistas! Iso nunca mais.