Buscan por mar e por terra ao mozo desaparecido o domingo en Camariñas

Efectivos de emerxencias buscan por mar e por terra ao mozo desaparecido o pasado domingo en Camariñas (A Coruña), tras caer á auga mentres pescaba nas proximidades da Ermida da Virxe do Monte.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/10/2018 | Actualizada ás 11:55

Comparte esta noticia

Fontes de Salvamento Marítimo confirmaron a Europa Press que desde primeira hora se retomaron os labores de busca coa participación da Salvamar Altaïr, así como efectivos de protección civil por terra. A coordinación do operativo está a dar avisos a navegantes na zona por se avistasen algún indicio.

Salvamar Mirach. SALVAMENTO MARÍTIMO
Salvamar Mirach. SALVAMENTO MARÍTIMO

Aínda que as condicións meteorolóxicas melloraron con respecto a este martes, o temporal aínda continúa complicando os labores e impide que saian os medios aéreos.

Do mesmo xeito, barállase a posibilidade de incorporar ao longo do día a embarcación LS Carme, aínda que dependerá da evolución das ondas, dado que realiza o traballo máis preto da liña de costa que a Salvamar. Os mergulladores da Garda Civil, que xa interviñeron no operativo o luns, non poderán volver saír, polo menos, até o venres, polas malas condicións do mar.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta