Que facer cos perigosos aceites industriais en Galicia

Máis de 5.500 establecementos galegos recolleron 8.830 toneladas de aceites usados o pasado ano. Deles, 2.648 toneladas (o 30% do total) destinouse á fabricación de novos lubricantes que poderían servir para encher o cárter de máis de 435.000 turismos, o equivalente ao 29% do parque móbil de turismos de Galicia.

Por Galicia Confidencial | | 02/11/2018 | Actualizada ás 14:13

Comparte esta noticia

Os aceites industriais usados que se xeran en talleres de automoción ou industrias, entre outras actividades, deben ser extraídos e almacenados para evitar fugas e derrames debido ao seu alto poder contaminante. A lei obriga que sexan entregados, posteriormente, a un xestor de residuos autorizado. Grazas a estas prácticas, durante o pasado ano SIGAUS, o Sistema encargado de xestionar este residuo perigoso en España, puido atender a súa recollida en 5.562 establecementos de 297 municipios galegos, dos que o 72% sitúanse en zonas rurais.

Así, durante o pasado ano, recoulleuse unha cantidade bruta de 8.830 toneladas de aceites usados, preto da metade (o 47%) procedente de talleres de vehículos. O volume de aceite usado recuperado trátase dunha cantidade maior que a cantidade de residuo que finalmente é tratado, xa que inclúe grandes cantidades de impropios, como auga ou sedimentos. Sustancias que, durante o pre-tratamento, teñen que separarse para facilitar a súa xestión final e que, de non xestionarse correctamente, poderían ter un elevado impacto ambiental.

O aceite industrial consómese en numerosos ámbitos empresariais, desde talleres de vehículos e industrias, até sectores como o transporte, a construción, ou calquera actividade na que haxa máquinas, engrenaxes, turbinas ou compresores. Esta substancia está desde un pequeno xerador de enerxía dun hotel até a neveira industrial dun restaurante. Debido a esta diversidade de usos, a xeración de aceites usados resultantes dáse de forma moi fragmentada e dispersa no territorio.

RECOLLIDA NO RURAL

Segundo informa esta entidade, durante o 2017 recolleu aceites usados en 213 municipios, que supoñen o 72% dos municipios totais onde se foi a recoller, e neles recuperáronse 2.538 toneladas de residuo, que representan o 29% do total recuperado. "Xeralmente, trátase de zonas afastadas dos centros urbanos, o que esixe unha complexa loxística e onde a recollida é especialmente importante polo risco ambiental que se evita, xa que a maioría de espazos protexidos atópanse neste medio", indica.
 
Ademais, o pasado ano recolléronse aceites usados en 4 establecementos situados en municipios a máis de 1.000 metros de altitude, que xeraron algo máis de 4 toneladas de residuo.

IMPACTO AMBIENTAL

O aceite industrial usado é un residuo que, pola súa toxicidade, a súa escasa biodegradabilidad e os seus efectos sobre a saúde e o medio ambiente, é considerado perigoso e moi contaminante. As verteduras incontroladas provocan efectos nocivos sobre a auga e a terra, e a súa combustión incontrolada leva a emisión á atmosfera de gases tóxicos (como cloro ouchumbo), con efectos moi negativos, pondo en risco a supervivencia de especies vexetais e animais, que nalgúns casos están en perigo de extinción.

Neste sentido, a recollida deste tipo de aceites en zonas onde habitan especies en perigo de extinción faise especialmente importante. En Galicia existen actualmente 13 especies en perigo de extinción que, nalgúns casos habitan a tan só un perímetro de 10 km de distancia de establecementos que xeran aceites usados, e ás que hai que protexer do impacto negativo deste residuo perigoso. Trátase, por exemplo, de aves como o Zarapito real (Numenius arquata) ou o Escribano palustre (Emberiza schoeniclus), e mamíferos como o Oso pardo (Ursus arctos) ou o Desmán dos Pireneos (Galemys pyrenaicus), entre unha ampla variedade de especies de peixes, invertebrados e flora vascular.

RECICLAXE

Ademais, a reciclaxe é fundamental neste tipo de substancias. Así, o pasado ano, un total de 2.648 toneladas (o 30% do total) destinouse a rexeneración, un tratamento que permite extraer aceites base utilizados na fabricación de novos lubricantes. A cantidade destinada a este tratamento permitiu devolver ao mercado 1.763 toneladas de lubricantes, unha cantidade que podería servir para encher o cárter de máis de 435.000 turismos, o equivalente ao 29% do parque móbil de turismos de Galicia. En termos ambientais, este tratamento dos aceites usados fixo posible evitar a emisión á atmosfera de 7.943 toneladas de CO2.

Os aceites usados que non foron aptos para ser rexenerados tratáronse para a súa posterior valorización enerxética. O produto resultante é un combustible de uso industrial utilizado en centrais térmicas de xeración eléctrica, cementeiras, papeleiras ou equipos mariños. A este tratamento destináronse o pasado ano 6.134 t que permitiron a xeración dunha enerxía equivalente a 66 GWh, como a consumida polo movemento de todos os trens do Metro de Madrid durante 67 días.
 

Recollida de aceite industrial usado
Recollida de aceite industrial usado | Fonte: Sigaus

Cambio de aceite nun taller mecánico
Cambio de aceite nun taller mecánico | Fonte: EP
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta