Ana Pontón visitará a Oriol Junqueras no cárcere para expresarlle a súa solidariedade

O encontro chega logo de saberse que a Fiscalía acusa de rebelión aos líderes do 'procés' catalán e pide 25 anos de cárcere para o líder de Esquerra Republicana de Catalunya. Tamén Beiras e Antón Sánchez anunciaron a pasada semana que visitarán a Junqueras e Romeva.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 02/11/2018 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, visitará o vindeiro luns, 5 de novembro, a Oriol Junqueras (ERC) na prisión de LLedorners, encontro acordado hai semanas e que dá continuidade ao mantido pola  eurodeputada Ana Miranda no mes de setembro co propio Junqueras e Raül Romeva. Este anuncio chega logo de que Xosé Manuel Beiras e Antón Sánchez tamén dixeran a pasada semana que van visitar a estes dous líderes cataláns.

Oriol Junqueras e Ana Pontón
Oriol Junqueras e Ana Pontón | Fonte: BNG.

Pontón, acompañada de Miranda, trasladará a Junqueras o apoio e solidariedade do BNG  e analizarán a actual situación política e xudicial, tras coñecerse este venres que a Fiscalía finalmente acusa os políticos presos cataláns de rebelión, pedindo a Oriol Junqueras a pena máxima de 25 anos de cárcere.

Para a líder do BNG, a situación de Junqueras e do resto de presos relacionados co referéndum e a declaración simbólica de independencia en Cataluña é produto da “profunda deriva autoritaria do Estado español, que persegue e encarcera ou exilia a políticos, sindicalistas, activistas, tuiteiros ao tempo que permite a apoloxía franquista nos medios de comunicación e ataques á diversidade lingüística do Estado", denuncian os nacionalistas.

Pontón interpreta que "o sentir maioritario da sociedade é de fastío e indignación” por unha realidade á que pide responder colectivamente cun “basta xa, ben alto e claro”. "É o momento de plantarlle cara ao neofraquismo e desenmascarar a imaxe de demócratas dos Salvinis e Bolsonaros españois”, di.

Para o BNG, que Junqueras, Forcadell, Romeva e o resto de políticos cataláns continúen presos, un ano despois do Referendo de independencia celebrado o 1 de outubro, constata "a incapacidade do Goberno central para buscar e acordar solucións políticas a un conflito exclusivamente político".

Neste sentido, a líder do BNG afirma  que o Estado español actúa "desde a persecución das ideas, e contra a  cultura do acordo e do diálogo como o que  practicaron Canadá co Quebec, o Reino Unido con Escocia ou o vindeiro ano Dinamarca coas Illas Feroe". O problema de fondo para a portavoz do BNG  é que "o Estado español se nega  a asumir o seu carácter plurinacional e a actuar en consecuencia, recoñecendo o dereito a decidir".

Ana Pontón explica que a situación que padecen Junqueras e o resto de políticos cataláns encarcerados só pode ser cualificada de "ensañamento" e indica que, como cada vez denuncian máis membros da propia xudicatura, "non é xa un asunto de independencia si ou non, é un asunto ligado á defensa da democracia, das liberdades e dos dereitos, e iso é o que  está en perigo”.

Pontón recalca que “no proceso catalán estamos desde o comezo ante unha clara vulneración da separación de poderes por parte do Estado, cunha evidente instrumentalización da Xustiza e dos Corpos e forzas de seguridade. Hoxe fano contra o proceso catalán, mañá farano contra quen lles moleste. As persoas que defendemos a democracia e os dereitos temos que erguer a voz e denuncialo", expón.

LIBRE ASBSOLUCIÓN

Para o BNG non é o tempo de “rebaixas cosméticas nas peticións de condenas”, é  momento da “libre absolución e busca dunha solución política  a un conflito político que só pode pasar polo respecto do dereito do pobo catalán a decidir libre e democraticamente o seu futuro”.

Pontón asegura que as condenas non son só un ataque ao soberanismo catalán, representan  “unha advertencia” do que  pode acontecer a outras  forzas políticas que, como no caso do nacionalismo galego, “cuestionamos as decisións dun Estado que sistematicamente discrimina a Galiza e impide desenvolver os nosos dereitos como pobo”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

3 nostrus

Ana Ponton apoya el derecho a la autodeterminacion del pueblo catalan al mismo tiempo que no se lo concede al pueblo de Tabarnia, que tiene el ismo derecho que el pueblo catalan. Y lo peor aun, es que ignora el derecho soberano del pueblo español, que al parecer segun su opinion, no es quien de poseer la constitucion que ha votado. El independentismo merece el mismo derecho que el racismo y el machismo porque son de la misma calaña y solo se diferencian en a quien pretenden avasallar en sus derechos.

2 Antón dos Kubatas

Vale, que se quede con Junqueras. Esto me recuerda a los que visitaban a Tejero en la cárcel.

1 José

Como non és o pirulero senón o dos cubatas, para qué respostar, mañán xa non te acordarás

1 Fer

Erro Ana Pontón! Os votos dos galegos gáñanse aplaudindo ao rei españolisimo Felipe Borbón o Preparao que tan ben defende España ante o violento golpe de estado de Junqueras, como tan imparcialmente informou La Voz que tanto aprecias e acodes ás papatorias do amo da prensa. Ana Pontón ti es sistema, estás con España, así que non te deixes ver cos malos independentistas. E xa sabes, se o BNG falla hai sitio pata ti no PPsoE!

1 Marga

Como diría Paco Vázquez, "ripito i reitero": cando van, mal feito; cando deixan de ir, mal feito. O mesmo Pontón ca Noriega. Por qué perdemos o tempo con parvadas?

2 Fer

Nótase Marga que ti tes accións no aparato do partidiño. Non das feito para tapar, serías unha excelente encubridora no Partido Podre. Contigo o sistema podrido está a salvo, podes contar orgullosa as túas batallas 'progres' aos netos... E logo, para que perder o tempo coa momia de Franco? Verdade Marga, que parvada incomodar ao amo da prensa e ao rei de orixe divina! Que parvada iso da igualdade e a información plural... Que parvada a democracia cando hai seres Preparaos que deciden por nos! E máis se temos o bandullo cheo!

3 La pastillita onvre

Hombre el loquito louzanista se degha ver de nuebo... Tu amigo Louzán no es borbónico loqui?

4 sermos mantidos

Louzán e Lores son da mesma partida: adoran ao mesmo rei, rinlle as grazas e danlle cartos a Santiago Rey Fernández Latorre para seguir intoxicando con La Voz de Malicia, merendando xuntos e aplauden xuntos, e até os seus lacaios falan en castellano e van detrás tapando o rabo do señorito, verdade pastillita Bloqueada Na Gorxa?