En Marea pide a Meritxell Batet unha reunión "de urxencia" para abordar o traspaso das competencias en tráfico

Asegura que é unha "demanda maioritaria da cidadanía galega"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/11/2018 | Actualizada ás 18:11

Comparte esta noticia

O grupo de En Marea no Congreso enviou unha carta á ministra de Política Territorial e Función Pública, Meritxell Batet, na que lle pide unha nova reunión "de urxencia" despois de que o Goberno central anunciase o traspaso de competencias de tráfico e seguridade viaria á Policía Foral de Navarra.

Reunión de Meritxell Batet co grupo de En Marea no Congreso. EN MAREA
Reunión de Meritxell Batet co grupo de En Marea no Congreso. EN MAREA | Fonte: Europa Press

E é que, segundo indica o partido instrumental nun comunicado, esta medida "podería ser aplicable ao caso galego". A última reunión de En Marea coa ministra produciuse o pasado 4 de outubro, cando os deputados lle presentaron a 'Axenda Galega do Cambio', que incluían "demandas maioritarias da cidadanía galega" e que son, tal e como explican", de "absoluto consenso" na Comunidade.

Precisamente un dos puntos desa proposta "ten que ver coa transferencia de competencias en materia de tráfico, circulación de vehículos e seguridade viaria", lembra a formación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta