O Pleno de Ourense aproba pedir a dimisión do alcalde e da concelleira de Recursos Humanos

Foi a través dunha moción que presentaron Ourense en Común e PSdeG pola anulación do nomeamento irregular do xefe de persoal.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/11/2018 | Actualizada ás 19:44

Comparte esta noticia

O Concello de Ourense aprobou con 14 votos a favor e 13 en contra a moción presentada no pleno extraordinario deste venres por Ourense en Común e PSdeG na que solicitan a dimisión da concelleira de Persoal e Recursos Humanos, Flora Moure, e do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad, pola anulación do nomeamento irregular do xefe de servizo de persoal por parte do actual goberno municipal.

El alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad, en la rueda de prensa
El alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad, en la rueda de prensa

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimara o pasado 19 de setembro o recurso de apelación interposto polo Concello de Ourense e o xefe de Recursos Humanos do Consistorio ourensán contra a anulación do seu nomeamento, decretada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense.

Ourense en Común e PSdeG apoiaron a cuestión, do mesmo xeito que cinco concelleiros de Democracia Ourensá, formación que decidiu repartir o seu voto "para demostrar" aos edís dos grupos que presentaron a moción "que son uns nenos pequenos" por non apoiar a súa moción de censura ao rexedor presentada por Democracia Ourensá o pasado mes de maio.

O portavoz do PSdeG, José Ángel Vázquez Barqueiro, destacou que "o acontecido parece que non ten transcendencia", xa que o alcalde "permite" que o xefe de Persoal "continúe, tome decisións e participe en procedementos administrativos".

Pola súa banda, o portavoz de Ourense en Común, Martiño Xosé Vázquez Mato, destacou que o grupo popular obrigou á súa formación e á socialista a "recorrer á xustiza" por "non facer caso" a un recurso de reposición por vía administrativa presentado por Ourense en Común en primeira instancia contra o decreto en cuestión.

"O xefe de persoal 'enchufado', que vai levar a cuestión ao Tribunal Superior, sacou unha oferta pública de emprego con informes en contra da Intervención municipal e unha RPT fiscalizada contra a Intervención municipal creando fichas adaptadas ás persoas que estaban no Concello e que recibiu máis de cen alegacións", criticou Vázquez Mato.

Neste sentido, esgrimiu que as sentenzas xudiciais "deixan meridianamente claras" as responsabilidades políticas, "se non outras", da concelleira de Recursos Humanos e do alcalde de Ourense.

RESPONSABILIDADE DE PP E PSDEG

Mentres, o líder de Democracia Ourensá, Gonzalo Pérez Jácome, subliñou que a sentenza non só afecta o Partido Popular, senón que tamén "lle dá caña" ao PSdeG "por urdir as bases" para seleccionar a esa persona, polo que ambas as formacións "están no allo".

Finalmente, o portavoz do Partido Popular, José Araújo, defendeu que a anulación de actos administrativos "dáse en todas as administracións" e acusou ao PSdeG de "tergiversar" a información que aparece na sentenza para "transformar a realidade".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 patético

Pero cómo? irregularidades en Galicia? e nas deputa cións?, especialmente na de ourense, en materia de persoal/enchufes/caciquismo? e nunca tal vin¡¡¡