Como coñecer os viños peninsulares

Afundación e o Instituto Galego do Viño presentan un novo curso sobre a cultura do viño dirixido a profesionais e afeccionado.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 03/11/2018 | Actualizada ás 11:36

Comparte esta noticia

Coñecer e diferenciar as careacterísticas dos viños galegos, portugueses e españois. Ese é o obxecto dun novo curso de cata de viños convocado por Afundación, a Obra Social de ABANCA, e o Instituto Galego do Viños  e dirixido a persoas cun certo coñecemento enolóxico.

O obxectivo do programa é estudar con maior profundidade as técnicas de viticultura e enoloxía, coñecer as variedades de uva adicionais, iniciar na xeografía vitivinícola da península ibérica probando viños de diferentes zonas de España e Portugal, adestrando as habilidades de cata.

Desenvolverase na Sede Afundación da Coruña desde o próximo luns 5 de novembro, en horario de 19.00 a 21.30 h, de maneira semanal ata o luns 26 de novembro, inclusive. As inscricións pódense realizar a través das canles habituais de venda de Afundación, en Ataquilla.com, a través do teléfono 902 504 500 e nas billeteiras das sedes da entidade.

Viños tintos galegos Tintos galegos
Viños tintos galegos Tintos galegos

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta