Buscan a un preso fuxido do cárcere de Teixeiro que non volveu tras un permiso

O home fora condenado a 27 anos de cárcere polo asasinato dun mozo en Ponteceso (A Coruña) en xuño de 2006

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/11/2018 | Actualizada ás 11:20

Comparte esta noticia

Un preso condenado por asasinato fuxiu fai tres semanas do centro penal de Teixeiro. Segundo informan fontes da Delegación do Goberno, o home non volveu dun permiso carcelario o pasado día 10 de outubro, polo que o 11 activouse o dispositivo de busca. O convicto fora condenado a 27 anos polo asasinato dun mozo de 25 anos orixinal de Malpica ocorrido o 3 de xuño de 2006 en Ponteceso (A Coruña).

Centro penintenciario de Teixeiro
Centro penintenciario de Teixeiro

A vítima circulaba á altura da ponte de Pontedona, situado no límite do citado municipio e Coristanco, acompañado por unha moza de 19 anos á que levaba a casa. Nese momento, outro turismo atravesóuselle na calzada, obrigándolle a deter o coche que conducía.

Unha vez detido o vehículo, saíron do outro coche dous encarapuchados que ameazaron ao mozo e á súa acompañante cun coitelo e unha arma corta por ambas as ventás, pedíndolles todo o diñeiro que levaban. Así, un dos asaltantes efectuou un disparo que alcanzou ao mozo e lle provocou a morte. Pola súa banda, a moza non resultou ferida.

Os asasinos abandonaron o lugar dos feitos sen levar ningún botín e o vehículo que utilizaron para interceptar o turismo do falecido apareceu calcinado ao día seguinte tras o polideportivo de Agualada, situado a poucos quilómetros do lugar dos feitos.

Días despois do suceso e tras unha exhaustiva investigación, foron detidas até catro persoas --unha delas menor de idade-- pola súa implicación no crime. En outubro de 2008, a Audiencia Provincial da Coruña condenou a tres delas a unha pena de 27 anos de prisión.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta