Temas: NEVE FRíO AUGA

Aviso amarelo no litoral galego por mar de fondo con ondas de até catro metros

A Xunta decreta para este martes alerta laranxa por ventos nas costas da Coruña e Pontevedra

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/11/2018 | Actualizada ás 10:40

Comparte esta noticia

A Xunta decretou aviso amarelo no litoral galego para este luns por mar de fondo con ondas que alcanzarán os catro metros, segundo recolle a páxina web de Meteogalicia.

Aviso amarelo no litoral galego. METEOGALICIA
Aviso amarelo no litoral galego. METEOGALICIA | Fonte: Europa Press

Ademais, na Mariña lucense, activouse unha alerta por ventos do noroeste con intervalos de forza 7 a partir do mediodía e até as 18,00 horas.

E é que a Comunidade se atopa este luns baixo a influencia dun centro de baixas presións situado no Cantábrico que deixará chuvascos localmente fortes e tormentosos, así como un lixeiro descenso das temperaturas. Así mesmo, a cota de neve comezou o día en 1.200 metros e irá ascendendo ao longo da tarde.

O MARTES, NIVEL LARANXA NA COSTA

Para a xornada do martes, decretouse a alerta amarela en toda Galicia por precipitacións e refachos de vento que poderían superar os 70 e 80 quilómetros por hora a partir do mediodía.

No litoral, o aviso alcanza o nivel laranxa para as costas de Pontevedra e A Coruña por ventos do suroeste con forza 8 a partir das 9,00 horas da mañá. Mentres tanto, en Lugo, a alerta seguirá sendo amarela.

Temas: NEVE FRíO AUGA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta