Investigan a unha nai por beber alcol coa súa filla de 14 anos, ingresada por suposto coma etílico

A nai e a filla, xunto con outra menor, estaban celebrando unha festa nun bar de Cangas.

Por Galicia Confidencial | Cangas | 05/11/2018 | Actualizada ás 15:04

Comparte esta noticia

A Garda Civil investiga a unha veciña de Cangas (Pontevedra) como presunta autora dun delito de abandono de familia, tras ser sorprendida bebendo alcol xunto coa súa filla menor de idade nun bar desa localidade.

Consumo de alcol entre adolescentes
Consumo de alcol entre adolescentes | Fonte: Pixabay.

Segundo informaron fontes do Instituto Armado, a muller foi identificada o pasado xoves nun local de Cangas, onde varios axentes acudiron alertados porque se estaba celebrando unha festa, con presenza de menores consumindo bebidas alcohólicas.

Ao chegar ao bar, os gardas comprobaron que esta muller se atopaba en estado de embriaguez, e que a acompañaban dous menores de idade, unha delas a súa filla de 14 anos, que tamén presentaban síntomas de inxerir gran cantidade de alcol. De feito, as dúas menores tiveron que ser trasladadas ao Hospital Álvaro Cunqueiro e unha delas, a filla da muller investigada, ingresou con síntomas dun posible coma etílico.

Ademais, dáse a circunstancia de que, momentos máis tarde, cando a muller presentouse no centro hospitalario para recoller á súa filla, aínda presentaba signos de alcoholemia, polo que o hospital decidiu non entregarlle á menor.

Por outra banda, e segundo apuntaron fontes da Garda Civil, o responsable do bar onde se produciron os feitos tamén foi denunciado por unha infracción administrativa, e exponse a unha sanción económica de entre 3.000 e 15.000 euros por permitir o consumo de bebidas alcohólicas a menores de idade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta