A artista Luz Casal recibe o XXXI Grelo de Ouro da Fundación Amigos de Galicia

Seralle entregado nun acto no Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela que contará coa actuación do grupo de música antiga Resonet, que interpretarán cancións do seu disco no que versionan poemas de Rosalía de Castro, realizando así unha homenaxe á poetisa.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/11/2018 | Actualizada ás 18:54

Comparte esta noticia

O xurado do premio destaca de Luz Casal a promoción e difusión que está a facer de Galicia, o seu labor solidario mediante a organización do Festival da Luz, a súa traxectoria profesional a nivel nacional e internacional e o exemplo de superación que representa para toda a sociedade pola súa loita contra o cancro.

Luz Casal
Luz Casal

Durante a entrega do premio, o doutor Ramiro José Varela Cives, Secretario da Fundación Amigos de Galicia, será o encargado da lectura da acta. O anterior Grelo de Ouro foi para Oncomet e o seu director. O acto, que comezará ás 12,00 horas, contará coas intervencións do presidente da Fundación Amigos de Galicia, Miguel Villar Costoyas, de Luz Casal e do presidente de Honra da Fundación, Ramiro Carregal.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta