A alerta laranxa por temporal en todo o litoral galego con ventos de até 100 quilómetros por hora

Espéranse ventos do suroeste con forza 8 que, ademais, poderán alcanzar o nivel 9 na provincia da Coruña, con ondas de 5 a 6 metros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/11/2018 | Actualizada ás 11:24

Comparte esta noticia

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior decretou este martes novas alertas laranxas por choivas e ventos, xa que se esperan, a partir das 12,00 horas, ventos do sur e suroeste de até 100 quilómetros por hora.

Alerta laranxa por temporal en Galicia. METEOGALICIA
Alerta laranxa por temporal en Galicia. METEOGALICIA | Fonte: Europa Press

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), esta situación afectará o noroeste, oeste e suroeste da provincia da Coruña, á Mariña lucense e ás Rías Baixas pontevedresas.

No mar, espéranse ventos do suroeste con forza 8 que, ademais, poderán alcanzar o nivel 9 na provincia da Coruña, con ondas de 5 a 6 metros. Así mesmo, activouse a alerta laranxa por choivas no oeste e suroeste desta provincia, que comezará sobre as 11,00 horas.

Así, a Xunta aconsella circular con precaución e informarse previamente do estado das estradas e evitar pasar preto de árbores, paneis publicitarios, estadas e obxectos que poidan ser derrubados polo vento.

De igual modo, o Goberno galego recomenda non atravesar zonas alagadas, non aparcar nas marxes dos ríos, non utilizar vehículos lixeiros e de pouca estabilidade --bicicletas ou ciclomotores-- e retirar todos os obxectos que poidan caer de tellados, balcóns e xanelas á rúa.

Ademais, a Consellería do Mar aconsella a suspensión de actividades pesqueiras e marisqueiras nas zonas máis perigosas como medida preventiva, así como calquera actividade no mar que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta