Reconstrúen as últimas emocións e pensamentos de Castelao

A exposición "Alba de Gloria", do Consello da Cultura Galega, utiliza ferramentas do século XXI para facer comprensible o testamento político do gran ideólogo galeguista.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/11/2018 | Actualizada ás 14:44

Comparte esta noticia

O histórico discurso 'Alba de Gloria' de Castelao, o último que o ilustre galeguista pronunciou en vida e que este ano cumpre o seu 70 aniversario, protagoniza a última exposición do Consello da Cultura Galega, que realiza unha aproximación "única" e "emocional" ao texto empregando novas ferramentas, entre elas unha "reconstrución" con realidade virtual.

Exposición Alba de Gloria de Castelao
Exposición Alba de Gloria de Castelao | Fonte: Europa Press

Foi o 25 de xullo de 1948, Día de Galicia, cando Castelao pronunciou en Bos Aires o que sería o seu último discurso público, unha intervención multitudinaria na que recompilaba unha 'santa compaña' de personaxes ilustres da historia galega e lanzaba unha mensaxe de "esperanza e de futuro".

"A gran fortaleza do discurso é esa, a mensaxe de futuro", explica Manuel Gago, comisario da mostra e a persona que capitaneou esta inmersión milimétrica no discurso e na figura do Castelao dos 40.

E isto é así porque cando Castelao pronuncia este discurso "sabe que probablemente non volverá a Galicia" e é consciente do débil da súa saúde, a pesar do que traslada aos oíntes unha mensaxe "de futuro" que emocionou ao seu auditorio. A intención desta exposición é trasladar a emoción ao presente.

Para iso, a mostra, que alberga a Igrexa de San Domingos de Bonaval --onde se sitúa o Panteón de Galegos Ilustres no que repousan os restos do artista-- arrinca dunha recapitulación do momento no que foi escrita a 'Alba de Gloria', marcada pola Guerra Civil, o exilio e a  Ademais, dedica un apartado a Bos Aires como "epicentro da cultura galega da época", ás cartas de Castelao e ás súas fontes. "Non queriamos unha aproximación unicamente histórica, se non global, a todo o contexto", dixo Gago.

NOVAS TECNOLOXÍAS E INMERSIÓN

Uno dos puntos que fan desta mostra algo "diferente" é a súa aposta polas novas tecnoloxías e os recursos máis aló das exposicións tradicionais. O obxectivo é que o visitante poida realizar unha "inmersión" no discurso e a súa época para alcanzar "novos públicos", unha aposta polo progreso que realizaba o propio Castelao.

Así, pode escoitarse a única gravación existente da voz de Castelao, unha recreación fonolóxica do discurso Alba de Gloria e discursos dos coetáneos, coñecer a 'santa compaña' de personaxes históricos do autor e profundar en elementos da cultura galega sinalados por Castelao.

Como conclusión, a mostra ofrece ao visitante a posibilidade de 'interactuar' directamente cunha reconstrución fiel do propio Castelao realizada a través da realidade aumentada e coa que poderá achegarse de forma definitiva a este "descoñecido" discurso que supón un dos elementos craves da cultura galega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 marcos20

Mi más sincera enhorabuena por la expo. Llevo un tiempo reflexionando sobre la opinión que creo que el artista tenía, y estaba profundamente sumido en la política. Todos los pensamientos de Castelao se basaban en argumentos bien planteados. En política todos van de sabios y lo cierto es que no tienen ni idea de lo que hablan. Muchas de sus frases son simples palabras sin mensaje, y deberían ir cargadas de conocimiento. Dicho de otro modo: como ejemplo, en este blog las palabras contienen mensajes trascendentales, ya que un músico sabe qué decir sobre la música, un poeta sobre el amor o un emprendedor sobre el éxito en la vida. Lo que intento expresar es que un político suelta una maraña de frases aparentando tener conocimientos sobre educación o sanidad cuando no entienden absolutamente nada. Y al final sus falacias solamente encubren subidas de impuestos para subsanar sus errores. Y Castelao lo describió a la perfección.

1 anonimo

Melhor seria que reconstruíram o seu legado, e um “Partido Galeguista como abandeirado de tódalas reivindicacións da nosa Terra...” cita do Sempre em Galiza de Castelao.