Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/11/2018 | Actualizada ás 09:58
Un operario faleceu o mércores mentres realizaba o seu traballo nun almacén, situado na N-547, no lugar de Laberco, no concello coruñés de Arzúa.
Segundo informa o 112, o traballador reparaba unha carretilla elevadora no almacén baixo a que quedou atrapado. Foi necesaria a intervención dos bombeiros de Arzúa para liberar á vítima.
O 112 recibiu a alerta dun particular sobre as 19,15 horas do mércores. Foron avisados, entre outros, 061, Garda Civil, Policía Local e efectivos de Protección Civil. O home morreu no lugar.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.