O Tribunal Superior dá a razón á Xunta polos servizos mínimos impostos durante a folga na Xustiza

O TSXG desestima o recurso da CIG e entende que “de ningún xeito” na orde se detecta “ausencia de motivación ou carácter abusivo dos servizos mínimos fixados”

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 08/11/2018 | Actualizada ás 17:57

Comparte esta noticia

A Sección Primeira da Sala do Contencioso-administrativo do TSXG desestimou o recurso interposto pola Confederación Intersindical Galega (CIG) pola vía do procedemento especial para a protección dos dereitos fundamentais da persoa contra a orde do 5 de febreiro de 2018 da Consellería de Presidencia, Administracións Publicas e Xustiza na que se determinaban os servizos mínimos durante a folga convocada polos funcionarios de Xustiza.

Xulgados de Vigo baleiros na folga indefinida da Xustiza galega
Xulgados de Vigo baleiros na folga indefinida da Xustiza galega | Fonte: Miguel Núñez.

O tribunal considera que “de ningún xeito” na orde se detecta “ausencia de motivación ou carácter abusivo dos servizos mínimos fixados”.

Os argumentos que amparan as decisións da Administración, segundo a sentenza, figuran “clara e meridianamente explicitados nos criterios e factores que contemplou e ponderou á hora de determinar os servizos mínimos que debían quedar atendidos en todas as áreas da Administración de Xustiza afectada”.

Así, o tribunal destaca que “non pode entenderse” que os servizos mínimos adoptados rompesen “a proporción que debe existir entre as limitacións que se impoñan aos folguistas e o sacrificio que teñan que padecer os usuarios en materia tan esencial como a prestada pola Administración de Xustiza”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta