Un falecido en Ferrol ao ser atropelado por un condutor que deu positivo en alcoholemia

Os suceso aconteceu sobre as 18,30 horas na confluencia da Estrada de Castela coa de San Xoán.

Por E.P. | Ferrol | 08/11/2018 | Actualizada ás 20:35

Comparte esta noticia

Un veciño de Ferrol, M.G.C., de 73 anos, faleceu na tarde deste xoves tras ser atropelado por vehículo na confluencia da Estrada de Castela coa Estrada de San Xoan e Camiño de Barbeito.

Alcoholemia
Alcoholemia

O suceso aconteceu sobre as 18,30 horas, cando o peón foi alcanzado por un vehículo cando cruzaba a calzada. O condutor do turismo, J.M.D.P., de 41 anos, que foi detido por axentes da Policía Local de Ferrol tras dar positivo na proba de alcoholemia.

Tras o incidente desprazáronse ao lugar varias patrullas de axentes municipais, que regularon o tráfico na zona mentres que o ferido foi trasladado por unha ambulancia medicalizada do 061-Urxencias Sanitarias ao servizo de urxencias do hospital Arquitecto Marcide, onde faleceu. A vítima é veciño do barrio do Inferiño, nas proximidades do lugar do atropelo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta