O persoal dos PAC denuncia aumentos de xornadas laborais

O Comité de Folga acusa á Xunta e á Xerencia do Sergas en Vigo de desoír as propostas dos profesionais sanitarios. Anuncian "medidas máis contundentes" se non se intenta desbloquear a situación.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 09/11/2018 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

Os traballadores e traballadoras dos PAC, a través do Comité de Folga, denuncian a actitude da Xunta de Galicia e da Xerencia do Sergas en Vigo por "ameazar con aumento imposto de xornada" ao persoal médico e porque "non escoitan as propostas dos profesionais". De continuar con esta falta de diálogo, din, veranse obrigados a tomar "medidas máis contundentes".

Unha protesta ante a PAC de Galicia.
Unha protesta ante a PAC de Galicia. | Fonte: PACS EN PIE DE GUERRA

Nunha reunión celebrada o pasado 6 de novembro entre os empregados dos PAC e a Xerencia, comunicouse aos traballadores o incremento de xornada e cambios no calendario "tras informar da nula eficacia das medidas tomadas por eles mesmos", explican dende o Comité. Critican non se tiveron en conta as suxerencias do propio persoal, a pesar de estar "apoiado pola maioría do colectivo".

Entre estas propostas están a solución do conflito dos PAC, contratos dignos para as MIR de Familia que rematarán os próximos anos, un plan de continxencia con gardas localizadas e pagadas para imprevistos e oferta de voluntariedade incentivada e por tramos. Ademais, reclaman que a administración tome "medidas reais" para atallar o problema da falta de persoal. Achacan esta dificultade a medidas "promovidas por eles, como os contratos lixo, a precariedade laboral ou a taxa de reposición do 10% que expulsou aos profesionais á sanidade privada ou á emigración". 

CRÍTICAS Á XESTIÓN DO PP

Dende o Comité, lembran as decisións do Partido Popular referidas ao peche dos PAC e reprochan que se dean "chamamentos 24 horas antes a golpe de burofax con aviso de expediente en caso de rexeitamento de contrato".  Insisten en que o Sergas non deu ningún paso firme para poñer fin a esta situación e anuncian que levarán a cabo iniciativas máis concluíntes de seguir polo mesmo camiño. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta