A oposición parlamentaria galega insiste en que a "prioridade" é parar o ERE nas factorías da Coruña e Avilés

Os portavoces parlamentarios dos grupos da oposición no Parlamento galego, Luís Villares (En Marea), Xoaquín Fernández Leiceaga (PSdeG) e Ana Pontón (BNG),din que estamos diante dunha "situación de urxencia" na que "están a correr os prazos".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/11/2018 | Actualizada ás 17:05

Comparte esta noticia

Os portavoces, que este venres ofreceron unha rolda de prensa conxunta no Pazo do Hórreo, referíronse á noticia de que o Goberno lanzará antes de final de ano un paquete de medidas para axudar á industria electrointensiva a superar as dificultades do custo da enerxía.

Peche das plantas de Alcoa en Avilés e A Coruña. M.Dylan
Peche das plantas de Alcoa en Avilés e A Coruña. M.Dylan

A medida foi anunciada o pasado xoves pola ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, logo de manter unha reunión cos presidentes do Principado de Asturias, Javier Fernández, e da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.

Ademais, o Goberno e as institucións autonómicas de ambas as comunidades acordaron "unidade de acción" para pedir á empresa a retirada do ERE extintivo para as dúas plantas, que supón unha ameaza para case 700 postos de traballo, e para a creación dunha mesa de traballo "para expor escenarios que permitan o mantemento das fábricas e do emprego", segundo sinalou Maroto.

Este venres, o portavoz de En Marea, Luís Villares, apuntou que o obxectivo principal das administracións debe ser paralizar o ERE anunciado pola empresa, ante a que non ha de cederse a "chantaxes". Para iso, comentou que o expediente presenta "defectos de fondo e forma" na súa tramitación que abren a porta a que poida ser tombado.

Para o socialista Xoaquín Fernández Leiceaga, a situación é "de urxencia" pois "van correndo os prazos do ERE", polo que valorou a reunión do pasado xoves entre as tres administracións de cara a conseguir unha postura conxunta.

Por último, a líder frontista, Ana Pontón, chamou a articular "unha imaxe de unidade" entre os diferentes partidos e sindicatos de Galicia para paralizar o peche da planta da Coruña; á vez que remarcou que "co ERE encima da mesa non se pode negociar nada".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta