Un total de 146 incidencias en Galicia nas últimas horas polo temporal

O Centro Integrado de Atención a Emerxencias (CIAE) 112-Galicia rexistrou un total de 146 incidencias relacionadas co temporal que obrigou a activar a alerta laranxa na Comunidade por fenómenos costeiros, choiva e vento.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/11/2018 | Actualizada ás 21:10

Comparte esta noticia

Por provincias, A Coruña foi a máis afectada, con 71 incidencias rexistradas, seguida de Pontevedra, con 57. Pola súa banda, o Lugo houbo 13 intervencións e en Ourense rexistráronse cinco.

Temporal en Galicia
Temporal en Galicia | Fonte: Miguel Núñez.

Entre as incidencias máis repetidas, apunta o 112, estivo a prevención de riscos en vías de circulación (31) e árbores e ramas nas estradas (30). En canto aos concellos, na provincia da Coruña, destaca o de Santiago de Compostela, con 11 incidencias, Miño, con catro e A Pobra do Caramiñal con tres. Así mesmo, oito incidencias son para o Concello de Vigo. Vilagarcía, con seis, e Pontevedra, con cinco, foron os municipios máis afectados da provincia.

En Lugo, destaca o Concello de Abadín con tres intervencións e Ribadeo con dúas incidencias. Por último, en Ourense, nos concellos de San Xoán de Río, Punxín e Ourense xestionouse unha incidencia en cada un.

SUCESOS

Ademais dun accidente laboral en Frades, no que un operario caeu do tellado, o 112 tivo constancia ás 11,10 horas dunha árbore caída na A-6 á altura de Cambre que interrompía a circulación nos dous carrís, en sentido Lugo. Nada máis recibir o aviso, o persoal do 112 Galicia informou á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local, aos Bombeiros de Arteixo e a Conservación, que levou a cabo a retirada da árbore. Os labores finalizaron ás 11,50 horas.

Por outra banda, ás 15,45 horas, un home resultou ileso despois de que unha árbore caese sobre o coche no que circulaba en Nigrán. Ocorreu no punto quilométrico 3 da PO-332 e foi o propio condutor o que contactou co 112 Galicia para alertar dos feitos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta