Gonzalo Caballero, preparado para gobernar Galicia con "máis socialismo, máis igualdade e máis solidariedade"

O secretario xeral do PSdeG foi proclamado oficialmente candidato á Presidencia da Xunta polos socialistas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/11/2018 | Actualizada ás 18:13

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, interveu este sábado no acto de proclamación dos candidatos socialistas ás próximas eleccións autonómicas para reivindicar que "Galicia necesita un cambio" tras "dez anos" de "recortes" co Goberno do Partido Popular.

Gonzalo Caballero en Fuenlabrada. PSDEG
Gonzalo Caballero en Fuenlabrada. PSDEG | Fonte: Europa Press

"Temos que abrir unha etapa de oportunidades de futuro para os galegos e as galegas", dixo o líder dos socialistas galegos, asegurando que Núñez Feijóo "deixa unha Galicia cunha economía máis débil, cun medio rural abandonado, con recortes sen precedentes en dereitos sociais e con salarios e pensións máis baixas" en relación ao resto do Estado.

Con eses datos, Caballero asegurou que "cando Pablo Casado di que o seu espello é Feijóo", é necesario "dicirlle que Feijóo non é un bo político nin un bo xestor", se non que foi "un rei espido" que ofrece unha imaxe de Galicia "que non é a real".

Despois de explicar que segue compatibilizando a súa actividade profesional como docente universitario coa Secretaría Xeral do PSdeG, para o que foi elixido hai un ano en primarias, o dirixente socialista asegurou que non se "resigna" a que a Galicia dos seus fillos sexa "unha Galicia sen oportunidades".

Por iso, rexeitou que a Galicia do futuro ofreza "unha sanidade pública deteriorada e privatizada", na que non haxa "dereitos" para as persoas maiores e na que, en definitiva, "haxa menos futuro". Para combater isto, receitou "máis socialismo, máis igualdade e máis solidariedade".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta