A dirección do BNG impulsa a coalición con Bildu e ERC para as eleccións europeas

A dirección nacional aposta por unha coalición electoral con forzas soberanistas de Euskadi e Catalunya, a cal deberá ser refrendada pola militancia. Cataláns e vascos tamén debaten internamente se coaligarse ou non. Trataríase dunha coalición instrumental, similar ao modelo de En Marea.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 11/11/2018 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

O BNG inicia un debate entre  a súa militancia para que as bases decidan a fórmula máis idónea para presentarse ás eleccións ao Parlamento europeo –previstas para o 26 de maio de 2019–, sometendo a súa consideración a proposta remitida pola dirección nacional, que aposta por unha coalición electoral con forzas soberanistas de Euskadi e Catalunya.

Oriol Junqueras e Ana Pontón
Oriol Junqueras e Ana Pontón | Fonte: BNG.

A proposta de resolución remitida pola Executiva nacional ás bases –que nos próximos días empezará a ser debatida en asembleas comarcais por todo o país–,  está formulada en base a tres puntos. O primeiro deles é: “O BNG impulsará unha coalición electoral en torno a forzas nacionalistas das tres nacións sen estado do Estado español: Galiza, Euskal Herria e Catalunya”.

O Segundo: “Será unha coalición de carácter instrumental, polo que o Bloque desenvolverá a súa propia campaña, co seu programa específico e con candidatos propios en función exclusiva dos intereses de Galiza”.

E por último, preséntanse as bases políticas que fundamentan a candidatura impulsada polo BNG: “Defensa de Galiza como nación, do dereito de pobo galego a decidir libremente o seu futuro e da súa soberanía política. Defensa dos intereses do país, da súa capacidade produtiva, de xeración de riqueza e emprego digno na terra”.

Igualmente, propoñen o “combate do modelo ultraliberal da Unión Europea e defensa dos principios democráticos, da soberanía e independencia dos pobos, da paz, dos dereitos humanos e dereitos fundamentais, da igualdade, da xustiza e da cooperación entre os pobos en pé de igualdade”.

No escrito remitido á militancia, a dirección nacional explica que, seguindo o mandato do Consello Nacional como máximo órgano entre asembleas, “leva meses mantendo unha interlocución continuada con organizacións soberanistas de Euskadi e Catalunya, co fin de promover unha actuación conxunta de cara ás vindeiras eleccións europeas”.  

A Executiva do BNG aposta por esta fórmula electoral que agora somete a debate das bases, “pois lle corresponde ao conxunto da militancia decidir se esa é a liña a seguir ou non”.

No documento de tres folios que será debatido nas asembleas comarcais, a dirección do Bloque salienta que, no contexto actual, “a única garantía real de defensa do pobo galego sen condicionamentos alleos no Parlamento europeo pasa por unha política de alianzas que asegure esa representación nas mellores condicións posíbeis e que sexa coherente coas nosas posicións políticas”.

Indica tamén a Executiva que encabeza a portavoz nacional, Ana Pontón, que a alianza con forzas políticas vascas e catalás “é unha aposta estratéxica” para o nacionalismo galego desde hai case un século, que vai moito máis aló da conxuntura electoral. Partindo dunha “boa valoración” dos resultados e do funcionamento da coalición Os Pobos Deciden dos comicios europeos de 2014, a dirección do Bloque aposta agora por impulsar “unha alianza máis ampla, das tres nacións”.

Unha decisión, explica no documento, vinculada ao obxectivo básico de conseguir representación propia na Eurocámara “tendo en conta a circunscrición electoral estatal”, pero tamén “a orientación histórica e estratéxica de consolidar un marco estable de relacións entre as forzas soberanistas das tres nacións e impulsar a unidade de acción especialmente tras o debate aberto sobre os dereitos das nacións”.

Pese a visión crítica que o BNG tivo sempre e ten hoxe da Unión Europea, “defende a súa participación en todas as instancias que, por hostís que fosen, permitan consolidar un espazo propio e garantir a defensa dos intereses da nación e do pobo galego”.

ERC E EH BILDU COMO SOCIOS

Oficialmente, o BNG non sinala os seus posibles socios e fala ambigüamente de "forzas soberanistas de Euskadi e Catalunya". Porén, dentro e fóra do Bloque todos saben que esas forzas son Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) e EH Bildu.

Os nacionalistas galegos xa concorreron cos vascos nas eleccións de 2014, ademais de coa aragonesa Puyalón de Cuchas, a asturiana Andecha Astur e as canarias Alternativa Nacionalista Canaria e Unidad del Pueblo. Daquela, ERC optou por unha candidatura exclusivamente catalá coa dereita daquel país que non frutificou e finalmente se presentou pola súa conta. Agora, a coalición a tres entre forzas nacionalistas de esquerda das nacionalidades históricas podería repetirse, como aconteceu en 2009.

Oriol Junqueras, líder de ERC e preso polo 'procés', sería o número un dunha lista unitaria dos nacionalismos periféricos, fartos en Esquerra dos posicionamentos dos seus socios da dereita catalá, o PDeCat, e de Carles Puigdemont e a súa deriva ególatra. Isto tería sido abordado na reunión que Ana Pontón e a eurodeputada Ana Miranda mantiveron o pasado luns con Junqueras no cárcere de Lledoners.

Pola súa banda, EH Bildu busca cabeza de cartel e decidirá a mediados de decembro se concorre ou non en coalición, aínda que existe xa un clima de opinión favorable ao pacto con BNG e ERC. Será precisamente en decembro candos as tres formacións decidan que facer.

Ana Miranda do BNG, Jordi Solé de ERC e Josu Juaristi de EH Bildu son os encargados de dirixir as conversas e o posible pacto de coalición.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 23 comentarios

8 Pañum

Ben, ese é o rego polo que hai que arar.

7 De Galicia

Golpistas y terroristas, esos son los amigos del BNG. Muchas gracias por recordar lo que fueron y son.

1 unmais

Os unicos yterroristas son os fascistas que prenden as persoas polas suas opinions e que teñen as cunetas cheas de asesiandos

6 Padiante

Ogallá a militancia do Bloque faga esta aposta pola unión entre os soberanistas e independentistas. Vaille ir mal no tocante pola banda de Sabón pero é que mais que dous aloumiños mercenarios non vai sacar. Xa se verá.

1 M. Monge

O BNG sen Sabón non é nada! A carraña incrustada en Ana Pontón, Lores e Camilo Nogueira non hai xabrón soberanista que a quite. Fede a servilismo de La Voz de su Amo, a monarquía Borbónica, a dereita tradicionalista, a casposo españolismo e a rancio xenófobo coruñesismo. Non se pode adorar a deus e ao demo á vez, cando o fai a Marea de Podemos témolo claro, pois abramos os ollos co BNG falsario e vendido! Para aplaudir postureos xa abonda cos rupturistas de espellos!

2 Padiante

Bon, tanto coma nada...Se cadra esaxeras un chisco. Tamén sabón sen a nosa atención sería algo menos, aínda que os nosos cartos seguirán indo para eles queiramos ou non, por moitas homilías pseudo liberais e mal escritas nos brinde o proprietario do medio. Non estou dacordo para nada co que dis. É máis: ese ton apocalíptico e estremista que empregas fai que sexas sospeitoso de troll do pepé. Saúdo.

3 Servilismo progre

Normal, verdade Padiante, cando criticas pola esquerda es sospeitoso de ser da dereita! É que non hai ninguén á esquerda do BNG nin da Marea de Podemos e do PcE? Que ousadía, adiantar pola esquerda! E non será que non tes argumentos, que coincides co axeonllamento ante a monarquía herdeira do franquismo, do coruñesismo colonialista, da xustiza clasista e familiar, dos amos da prensa, do sistema corrupto!!! Non será Padiante que estás máis próximo año Partido Podre do que vas aparentando!!! O teu reflexo no espello indica que ti defendes ir Patrás, a ciacú!!!

4 Padiante

Cando criticar con xeito liñas políticas, decisións ou accións concretas e nas canles axeitadas, é algo construtivo. Cando apías aldraxes, cando escrebes preso da histeria, careces da lóxica e amosas odio contra persoas concretas ou, peor aínda, méteste a insultar pola rede a persoas que nen coñeces...Por moito que diga ser d esquerdas non é tal. Ou é un provocador desde un cuartel ou desde unha sé do pepé. Saúdo.

5 Ferrolvox

Que se pongan las rodilleras para chuparsela a los vascos y catalanes

6 Padiante

Cuando acabéis de usarlas para limpiar sables árabes, angloamericanos, israelíes, marroquíes, franceses y alemanes, nos prestáis esas rodilleras, so castellanos.

5 Edelmiro

O de ir a celebración de LA VOZ pareceume unha cousa moi decepcionante. Pero isto fai que volva a ver ao BNG, non como eu quixera que fose o meu país; onde poderían estar CXG e moitos. Pero iso é polo de agora, ciencia ficción. Volvo estar con BNG. Son galego e débome aos galegos. En Marea ten cousas boas, non o nego. Pero eu non son un traidor. Sintoo moito. Cando di Pablo Iglesias que quere que os cativos espanhois aprendan as linguas do Estado e cousas así...lémbrame a un parente meu que está nunha ONG. É tan boa persona que quere quedar ben "cos ben pensantes". Pero é que eu non son ben pensante. Nunca o fun. Por iso estou co BNG.

4 comunista independentista

2014. O Bloque vai debaixo de Bildu: A. Miranda está 5 escasos meses de 'eurodeputada interina'. 2019. O Bloque vai debaixo de Esquerra e de Bildu: A. Miranda está 5 ridículas semanas de 'eurodeputada interina'.

1 calquera

E anda así foron máis produtivos qué 4 anos da Antivacunas.

2 Y olé

Foron máis de 6 meses pero cundiu bastante máis que 5 anos de antivacinas "comunista independentista"

3 Bloqueiro bloqueado

Con Esquerra aportando 1.000.000 de votos e EHBildu aportando 200.000... se o BNG aporta 30.000 (tirando polo alto), a ecuación é clara: Miranda vai ter o mesmo protagonismo na "coalición" que os galegófobos de Andecha Astur.

4 teutonio

5 meses?, de febreiro a maio do ano que ven, algo omáis dun ano. E aínda así fixo moito máis que Senras, Milláns Mons e Blancos