Caballero, proclamado candidato do PSdeG á Xunta: "Os socialistas estamos preparados para asumir o cambio"

O secretario xeral suxire a Feijóo que pode convocar os comicios "cando queira".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/11/2018 | Actualizada ás 14:39

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, foi proclamado oficialmente este domingo como candidato dos socialistas a presidir a Xunta nas próximas eleccións autonómicas. Así, suxeriu a Feijóo que pode convocar os comicios "cando queira": "Os socialistas galegos estamos preparados para asumir o cambio".

Gonzalo Caballero en Fuenlabrada. PSDEG
Gonzalo Caballero en Fuenlabrada. PSDEG

Así o reivindicou nun acto deste domingo en Santiago no que, ademais do secretario xeral, interviñeron o ex-presidente da Xunta Emilio Pérez Touriño e a ministra de Traballo, Migracións e Seguridade Social, Magdalena Valerio.

Neste contexto, Caballero mostrouse "convencido" de que o Partido Socialista "é a mellor casa" que Galicia pode ter "para construír unha sociedade máis xusta e próspera" porque, defende, "Galicia merece un cambio".

"O tempo de Feijóo está a chegar ao seu fin", apostilou, posto que, ao seu modo de ver, "se hoxe houbese eleccións en Galicia, non habería maiorías e Feijóo non sería presidente".

Pola súa banda, a ministra de Traballo, que quixo arroupar ao xa proclamado candidato socialista á Xunta, suxeriulle que "ten todas as bases sentadas para ser o próximo presidente" do Goberno autonómico.

"Eu quero vir á túa toma de posesión, en todo caso como compañeira e amiga. Pero se é como ministra, mellor", díxolle Valerio.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta