Falece a muller ferida nun accidente de tráfico en Viveiro

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/11/2018 | Actualizada ás 14:28

Comparte esta noticia

A muller que resultou ferida na mañá deste luns nun accidente de tráfico rexistrado no municipio lucense de Viveiro faleceu despois de ser trasladada ao Hospital da Costa de Burela, segundo confirmaron a Europa Press fontes sanitarias.

O CIAE 112 Galicia informou que o sinistro, que consistiu nunha colisión entre un turismo e un camión, ocorreu pasadas as 9,30 horas na estrada LU-862, que enlaza Viveiro e Ferrol, á altura do lugar de Escourido.

Até a zona foron mobilizados os Bombeiros, dado que a vítima do turismo non podía saír do interior, bastante danado, polos seus propios medios. Ademais, foi atendida por persoal sanitario do 061. No operativo participaron tamén efectivos de Policía Local e Garda Civil.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta