A banda "María Fumaça" actuará na final do certame 'Quero Cantar' da Deputación da Coruña

O encontro será este sábado no Teatro Colón ás 18:00 e nel actuarán as seis bandas finalistas do certame.

Por E.P. | A CORUÑA | 12/11/2018 | Actualizada ás 18:12

Comparte esta noticia

A banda María Fumaça, capitaneada por Uxía, será a invitada este sábado na gala final de 'Quero Cantar' na que se decidirán os grupos gañadores na modalidade infantil e xuvenil da terceira edición do certame musical da Deputación da Coruña.

Concerto de María Fumaça
Concerto de María Fumaça | Fonte: Paxi da Silva

Segundo informa o organismo provincial, pódense reservar as entradas ou recollelas para un evento que terá lugar no Teatro Colón, a partir das 18,00 horas.

A banda María Fumaça dará inicio á festa interpretando as cancións que máis populares se fixeron nos últimos anos entre os nenos galegos para dar paso despois á actuación das seis bandas finalistas do certame, dos municipios de Cortegada, Fisterra, Teo, Pontevedra e Vila de Cruces.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta