Ana Miranda desmente a versión do 'popular' Celso Delgado en La Voz sobre o veto que sofre na comisión de Angrois

A eurodeputada cualifica de "mentira" as palabras do deputado do PP recollidas por ese medio nas que nega que existan motivos persoais para vetala.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 12/11/2018 | Actualizada ás 17:41

Comparte esta noticia

A eurodeputada do BNG Ana Miranda insiste: "O señor Celso Delgado, deputado do PP no Congreso e man dereita da señora [Ana] Pastor, ex ministra de Transporte, vetoume expresamente". Indignada cunha información que publica La Voz de Galicia, a política nacionalista volve así a denunciar o veto que sofre para asistir á comparecencia do xefe da unidade de seguridade da Axencia Ferroviaria Europea, Christopher Carr, na comisión de investigación no Congreso.

Ana Miranda en el pleno del Parlamento Europeo. BNG - Archivo
Ana Miranda en el pleno del Parlamento Europeo. BNG - Archivo

O xornal coruñés asegura que "Ana Miranda critica que no la dejen asistir a la comisión, aunque nadie ajeno a las Cortes puede hacerlo", contradicindo así á eurodeputada do Bloque.

La Voz recorda que "Miranda (BNG) escribió un tuit esta semana en el que criticaba la negativa de la subcomisión del Alvia a permitirle el acceso a la reunión del miércoles: «Que grazas a nós saia o informe europeo de #Angrois e que agora o PP, Celso Delgado, Pastor... E o PSOE, Pilar Cancela, veten 'como público' a unha eurodeputada galega que quere asistir á comparecencia do representante da Axencia Ferroviaria Europea (ERA), chámase censura»", relata o xornal da Coruñal.

No artigo proséguese: "Sin embargo, Celso Delgado, diputado gallego del PP y vocal en esa comisión de investigación, explica lo ocurrido: «Las sesiones son públicas porque se pueden ver en directo [se emiten en streaming desde la web del Congreso], pero a las salas solo acceden diputados y senadores». Es, explica Delgado, una normativa del propio Congreso de los Diputados, a cuyos plenos sí puede asistir público, pero, en este caso, aunque el presidente de la comisión, el diputado del PDECat Feliu-Joan Guillaumes, quisiera permitir la entrada de personas ajenas a las Cortes, no podría hacerlo. Por tanto, recalca Delgado, «no es un asunto particular hacia una persona concreta»".

As declaracións de Delgado en La Voz amolaron á eurodeputada, que non tardou en contestar desde a súa conta en Facebook, onde cualifica de "mentira" o exposto polo deputado do PP, explicando o que, segundo o seu relato, realmente aconteceu:

"Quero informar desta mentira. O Sr Celso Delgado, deputado do PP no Congreso e man dereita da Sra Pastor, ex ministra de transporte, vetoume expresamente decindo «que era mellor que non fora pois ia facer ruido coa prensa"» Así o dixo o luns pasado cando se xuntaron para decidir audición seguinte da Comisión de investigación do Alvia. Que non son parva!", escribiu.

Para Miranda, "diante de 80 mortos non poden alegar un regulamento". "Eu son parte dun procedemento contra o Estado membro, responsable negociadora coa Axencia Ferroviaria Europea, facilitadora de que as víctimas foran a Bruxelas 4 veces dende 2015 e vou estar onde poida escoitar a quen é o único lugar que pode dar esperanza. Europa", conclúe a eurodeputada do BNG.

Miranda presentou en 2017 en Europa unha denuncia contra o Estado español por procedemento de infracción polo incumprimento da normativa de seguridade ferroviaria europea. A semana pasada expresou que o que sofre no Congreso é "un veto inadmisible" e afirmou que é "unha vergoña sen precedentes".

A representante parlamentaria ve neste veto unha "mordaza" en tanto que "si pode asistir calquera cidadán ou calquera xornalista". De feito, defende que a súa asistencia como público "debería formar parte dun procedemento normal nun Estado normal". "Pilar Cancela por parte do PSOE e Celso Delgado polo PP están a se tapar as miserias para impedir que Europa siga removendo este asunto", concluíu Miranda.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 arredista

Pobriños... Algún día igual acordan e caen na conta --por fin-- de que acadaron 40 mil escasos votos e quedaron fóra do Congreso. Viven na súa burbulla e non se decatan. Por favor, non se rían deles, que está mal.