Canción para Conde Roa na Radio Galega

O grupo de Muros adica unha canción na emisora pública galega ao próximo alcalde de Santiago de Compostela e a súa teima por botar ao movemento 15M da Praza do Obradoiro.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 10/06/2011 | Actualizada ás 10:32

Comparte esta noticia

O programa "Planeta Furancho" da Radio Galega invitou ao grupo Terbutalina este mércores. Os muradáns aproveitaron a súa presencia no programa musical da emisora pública para adicarlle un novo tema a Xerardo Conde Roa. Unha canción moi crítica co próximo alcalde conservador de Santiago e as súas continúas peticións para botar aos "indignados" do Obradoiro:

None



"Ei ti, fóra de aquí, ei ti, enches de merda o Obradoiro, ei ti, voute mazar, que eu son Conde Roa, ostias para todos, ostias para todos, e para ti tamén, e para ti sobre todo" arranca a peza.

"Ei ti, eres un jipi de mierda, enchésme o Obradoiro de mierda, voute mazar, que eu son, Conde Roa ...." prosegue o tema cantado en directo en Planeta Furancho.

Cómpre lembrar que o político conservador cualficou varias veces de "okupas" aos activistas do movemento 15M, pedindo que a Policía acabase coa mobilización na Praza do Obradoiro ante o suposto impacto negativo no turismo.

"Vós sodes totalmente libres?" pregunta tras a canción o locutor. A banda de rock responde con ironía e destacando o carácter divertido da súa música.

Terbutalina ten na rúa un disco de presentación gravado en directo. O "Live in Catoira" contén oito temas destes irreverentes músicos publicados pola Regueira Plataforma, especializada na difusión na Rede da cultura galega actual. Pódese descargar de balde aquí.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 39 comentarios

12 Pepe

Menuda basura.Se ve bien el respeto que tienen al candidato elegido por la mayoría de los santiagueses. Cada día me cae mejor Conde Roa con adversarios así.

1 Rayleigh

Ostras!! Pois os pederastas deben caerte de medo, posto que todo o mundo os despreza...Miña nai que argumentos soltan algúns...

2 eu3

suma os votos de psoe, bng e IU en santiago e da máis votos que o PP, non son maioria.

3 Xoelho

Por iso non ten perdón que non vaian xuntos ás eleccións, polo menos BNG e EU. E non me veñan con esa merda de que os de EU son "españolistas" porque, no programa, non hai o menor obstáculo para iren xuntos. O BNG non plantexa a autodeterminación e EU, por outra parte, si defende a autodeterminación, aínda que tamén non a plantexa nas eleccións; ambos plantexan cousas máis inmediatas e elementais polo momento. Por tanto, se indo xuntos poderían gobernar ou terían moitas máis posibilidades que por separado, se non o fan haberá que pensar mal. Non lles interesa moito cambiar as cousas.

11 conderoa

pues yo estoy muy de acuerdo con la letra, espero disfrutarlos en la Sala Nasa por ejemplo...

10 Tato

Buah que notición. Non teredes ben cousas das que falar no G.C. sin pararse nesta memez. E o grupo aí ganándose un minuto de gloria con esa pamplinada. Somentes salvo ao programa, un dos mellores que houbo nunca na radio pública e que espero que por pamplinadas como esta non teña trabas para continuar facendo ese traballo de promoción para a música galega. Maís intelixencia por favor.

1 anonimo

que tonto eres

2 simonaso

gilipollas diria eu

9 Arenga

Censura já, pq nom entrevistam a Manolo Escobar??? Sempre coas ghalhejadas.....

8 xuko

jajajjaa, arrasades Terbutalina!!! a ke montastedes ke tendes a todolos peperos revolusionados.... jojojo