Canción para Conde Roa na Radio Galega

O grupo de Muros adica unha canción na emisora pública galega ao próximo alcalde de Santiago de Compostela e a súa teima por botar ao movemento 15M da Praza do Obradoiro.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 10/06/2011 | Actualizada ás 10:32

Comparte esta noticia

O programa "Planeta Furancho" da Radio Galega invitou ao grupo Terbutalina este mércores. Os muradáns aproveitaron a súa presencia no programa musical da emisora pública para adicarlle un novo tema a Xerardo Conde Roa. Unha canción moi crítica co próximo alcalde conservador de Santiago e as súas continúas peticións para botar aos "indignados" do Obradoiro:

None



"Ei ti, fóra de aquí, ei ti, enches de merda o Obradoiro, ei ti, voute mazar, que eu son Conde Roa, ostias para todos, ostias para todos, e para ti tamén, e para ti sobre todo" arranca a peza.

"Ei ti, eres un jipi de mierda, enchésme o Obradoiro de mierda, voute mazar, que eu son, Conde Roa ...." prosegue o tema cantado en directo en Planeta Furancho.

Cómpre lembrar que o político conservador cualficou varias veces de "okupas" aos activistas do movemento 15M, pedindo que a Policía acabase coa mobilización na Praza do Obradoiro ante o suposto impacto negativo no turismo.

"Vós sodes totalmente libres?" pregunta tras a canción o locutor. A banda de rock responde con ironía e destacando o carácter divertido da súa música.

Terbutalina ten na rúa un disco de presentación gravado en directo. O "Live in Catoira" contén oito temas destes irreverentes músicos publicados pola Regueira Plataforma, especializada na difusión na Rede da cultura galega actual. Pódese descargar de balde aquí.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 39 comentarios

7 Esteban Gómez

Non sei a que vén tanto escándalo. Agora que co das acampadas todos os tertulianos sacan o Maio do 68 (como se algún o vivise aquí en España, hai que ter cara de cemento) tamén poden sacar o vello punk. Este tema é anarcopunk de toda a vida, tanto nas letras como no descoidado da música. Non son Crass nin Conflict, pero quen di que non o sexan o día de mañá? Sodes grandes, Terbutalina, pero aínda non o saben. Parabéns a Planeta Furancho pola libertade.

1 CranioF

Non concordo nin de casualidade. A estas alturas subirse a un escenario a berrar "caca,culo,pedo,pis, ui qué macarra son, qué duro", co ampli a toda hostia é unha gilipollez. Vaia nivel horrible, e pa enriba lle dan repercusión!!. Estes primates ou os pitos de pikasso e demáis zoquetes non chegan nin á sola do calzado a xente como Jorge "Ilegal" Martínez (vaia letras que fixo sempre!), sen ser punk o foi máis que moitos outros. Ou os Green Day (que sí, que son pop-punk) con cancións como "Last of the american girls" (imitade esa letra se podedes!). Ou mesmo os rappers, que fan verdadeira poesía urbana, e que lles dan 345.578 voltas a estes "punketes" cansinos en intelixencia e en contundencia auténtica. A ver se aprendemos un pouco.

2 CranioF

Sen ir máis lonxe, poderían tomar leccións de Julián Siniestro sobre cómo se fan letras con intelixencia.

3 Alaska

para letras as de coppini! que pasa que aora hai que ser correctos e cantar "que mal estoy que me dejo my novia" . Estes rapaces fan ben! teñen un lote de cancions boas e eu creo que se convertiran nun grupo a ter en conta no panorama musical galego. Eles so din o que pensa unha gran parte da xente en galicia. Resucitan o punk galego e en galego!!! Longa vida a TERBUTALINA!

4 Pepita

ui ui ui CranioF, a ver se se che vai ve-lo plumeiro. Aquí ninguén está a debatir a calidade musical deste grupo, aquí o triste e que as novas deste país pasen por preocuparse por este tipo de cousas. A ver se vai ser que estabas a esperar o momento para poder criticar a estes rapaces. Se non che gustan, non os escoites, que non son eles quen se están a comparar con ninguén, nin moito nemos. Escriben o que lles da a gana, como lle da a gana, e fan o que lles da a gan, deso se trata non?

5 xan

http://www.youtube.com/watch?v=Ckav... dacordo con CranioF. Estes teñen máis talento.

7 CranioF

Bon, pois dous exemplos de cómo facer mellor as cousas. Quen dixo que houbera que ser "correcto"? Eu non dixen semellante cousa. Pero critico a quen me da a gana, que para iso GC os sacan como noticia. Tamén eu toco a guitarra como un burro, pero non vou de listo, nin de macarra, nin de nada. Non saio en ningún medio de comunicación.

8 uncalquera

carallo CranioF, e logho os pito de pikasso eses teñen letras políticas? non serás ti o zoquete? Ademais, porque falas deles nunha noticia que non ten nada que ver con eles, cando a eles os nomearon no GC aberto, igual que aos Deseqilibrio Mental, porque están presentando disco.

6 Manuel GZ

Tenian que prohibir este tipo de "musica" lo unico que hace es mal a nuestros hijos. Viva Conde Roa y fuera los hipis del Obradoiro!

1 anonimo

di que sí hombre! maldita música infernal! esto nos traerá el apocalísiiiiissss!! http://www.youtube.com/watch?v=SbXt... I'm fall in love with Satan

5 Xosé María

Un pouco de ironía, de retranca e de frescura. Hai que ser un pouco intelixentes e ver que non houbo nada de violencia na entrevista e que o grupo simplemente fixeron escarnio cun persoeiro que estos días por cousas de actualidade está en boca de todos. Ademais mal estamos se algo como esto é unha "noticia" Parabéns para o programa por ser diferente e polo bo rollo que transmite. Escoitoo sempre e é desos programas que somentes respiran cousas positivas, respecto e música marabillosa. Un pouco de sentidiño.

4 CranioF

Vaia canción. Noutro artigo sobre a música galega queixábame eu do pataqueiro nivel da mesma. Aquí temos outro exemplo. Queredes un bo tema relacionado con apalear xente?. "Beat all the niggers/ beat anyone you see/ don't need a reason/ L.A.P.D.". Aquí o tedes: http://www.youtube.com/watch?featur...

3 K. Xoze

xa postos dicir que foron á radio a presentar temas do seu Ep que-de-leite , non? http://terbutalina.bandcamp.com/ Marta, que casualidade que escoitaras o outro día o programa. Es o perfil típico de escoitante do Planeta Furancho. Como eu de Salvame...