Así son os galegos máis populares e influentes en Instagram

A empresa de márketing de 'influencers' SamyRoad reúne os cinco galegos máis 'top' na rede social de moda, seleccionados tendo en conta factores como o comportamento cos seus seguidores, o 'engagement' ou a calidade da imaxe e do contido.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 14/11/2018 | Actualizada ás 20:30

Comparte esta noticia

Galicia é mar, rías, montañas, rutas, gastronomía e moda. Os instagramers galegos achegan aos seus seguidores nesta rede social todo o belo que agocha a súa terra e, aínda que as súas publicacións engloban viaxes ao redor do mundo, sempre que teñen oportunidade comparten coa súa comunidade o patrimonio oculto de Galicia.

Alexandra Pereira (@lovelypepa) e Gala González (@galagonzalez).
Alexandra Pereira (@lovelypepa) e Gala González (@galagonzalez).

Considerada un importante foco empresarial no sector téxtil a nivel mundial, Galicia conta con empresas como Inditex, Carolina Herrera, Bimba e Lola ou Adolfo Domínguez. E aquí destacan algúns dos usarios pioneiros que comezaron hai anos mostrando nas redes sociais a súa particular maneira de vivir a moda e que na actualidade son o que se coñece como 'influencers top' a nivel internacional. 

A empresa de márketing de influencers SamyRoad recolle os cinco influencers galegos máis destacados de Instagram. A elección destas contas baseouse no algoritmo de SamyRoad, grazas ao cal poden medir parámetros como o engagement –a capacidade dun usuario de crear relacións sólidas cos seus seguidores–, reach –número de seguidores e grao de penetración nos mesmos–, calidade de imaxe e contidos, entre outros.

Os influencers galegos destacan por desenvolver perfís de calidade, algúns deles sendo dos primeiros usuarios influentes en España recoñecidos a nivel mundial, como LovelyPepa e Gala González, e algúns outros que veñen pisando forte como Michael Chenlo, Silvia García e Carlota Núñez. 

Cada  influencer, coas súas publicacións, aumenta a diario a relación coas marcas consolidándose á vez cada un deles como marca propia. 

Michael Chenlo (@michenlo), Silvia García (@bartabacmode) e Carlota Núñez (@duulcedeleche).
Michael Chenlo (@michenlo), Silvia García (@bartabacmode) e Carlota Núñez (@duulcedeleche).

'TOP 5' 

Alexandra Pereira (@lovelypepa) é considerada unha das influencers máis cotizadas. Esta viguesa conta coa súa propia liña de roupa e comparte cos seus 1,7 millóns de seguidores as súas impresionantes viaxes ao redor do mundo. Blogueira pioneira no noso país, comezou a súa andaina en 2009 creando unha páxina web e mostrando a súa particular maneira de vivir a moda. Actualmente vive en Los Ángeles (Estados Unidos) e traballa coas firmas máis exclusivas. As súas publicacións poderían estar sacadas de calquera revista de moda. 

Gala González (@galagonzalez) é outra das influencers máis recoñecidas no panorama da moda. Con só 17 anos saíu da Coruña e agora atópase entre Nova York e Madrid. Embaixadora de marcas de luxo, é unha auténtica IT Girl con máis de 972.000 seguidores. Baixo o hashtag #galaconfidencial escribiu un libro onde conta os seus dez anos como  influencer

Michael Chenlo (@michenlo) é un adicto ao Photoshop que se gañou aos seus máis de 243.000 seguidores cun perfil peculiar en Instagram. As súas fotografías, cheas de efectos especiais, mostran situacións irreais nas que nalgunhas ocasións el participa en primeira persoa. Este divertido galego adora os festivais e comparte os seus particulares outfits para cada evento. 

Silvia García (@bartabacmode) ten máis de 370.000 seguidores. Utiliza a súa conta de Instagram como un álbum de recordos coas viaxes máis emocionantes. As súas fotografías adoitan ser en espazos abertos onde mostra os seus outfits sen grandes poses, mostrando naturalidade.

Carlota Núñez (@duulcedeleche) representa o estilio de vida das máis novas. Interesada polo mundo audiovisual, ten unha canle de Youtube desde 2012. Con máis de 47.000 seguidores, esta coruñesa segue unha vida fit con moitas viaxes polo medio. Estilosa, inventa novas combinacións con pezas básicas e colabora con diferentes marcas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta