Localizado o condutor que atropelou un peón en Nigrán e despois fuxiu

Os "restos do espello retrovisor" do vehículo fuxido que se atoparon no lugar do accidente, permitiron localizar o coche este martes.

Por E.P. | VIGO | 14/11/2018 | Actualizada ás 17:49

Comparte esta noticia

Trátase dun veciño de Nigrán, de 42 anos de idade, que o pasado luns atropelou a un home mentres circulaba pola Ramallosa (Nigrán), ás 5,40 horas e, posteriormente, fuxiuse do lugar. Segundo comprobaron os axentes, o condutor conta con "antecedentes relacionados a seguridade viaria".

Espello retrovisor do vehículo fugado
Espello retrovisor do vehículo fugado | Fonte: E.P.

As pescudas do Grupo de Investigación e Análise do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra (GIAT) cos "restos do espello retrovisor" do vehículo fuxido que se atoparon no lugar do accidente, permitiron localizar o coche este martes, "cando estaba estacionado nas inmediacións do posto de traballo do suposto autor", en Gondomar.

A Garda Civil trasladou que o condutor que se deu á fuga "tratou de xustificar o seu comportamento alegando que non se decatou do atropelo". O Xulgado de Instrución de Garda de Vigo encargarase deste suposto delito de lesións, onde deberá comparecer a persona investigada cando sexa citada por un presunto delito de lesións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta