Galicia busca reforzar lazos con Francia para remarcar o seu papel histórico na peregrinación a Santiago

A primeira asociación xacobea creouse en París nos anos cincuenta do século pasado.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/11/2018 | Actualizada ás 18:45

Comparte esta noticia

A Consellería de Cultura e Turismo participou na última reunión da Asemblea Xeral da Federación Francesa de Asociacións de Amigos do Camiño, na que están integrados máis de 40 colectivos xacobeos de toda Francia e na que traballan para preparar, informar e ofrecer acollida aos peregrinos que percorren ao redor de 17.000 quilómetros de peregrinación até Santiago.

Peregrinos andando con choiva no Camiño de Santiago.. EUROPA PRESS - Archivo
Peregrinos andando con choiva no Camiño de Santiago.. EUROPA PRESS - Archivo

O director-xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez, acudiu en representación da Consellería de Cultura e Turismo para presentar o modelo galego de xestión ao redor do camiño de Santiago, así como a rede pública de albergues e o mantemento das rutas, coa vista posta no Xacobeo 2021. Entre os asistentes tamén se atopaban representantes de asociacións de España, Bélxica, Inglaterra e Alemaña.

A presenza de Galicia nesta reunión débese en boa medida ao compromiso da Xunta por estreitar lazos e pór en valor o papel histórico de Francia no fenómeno da peregrinación a Santiago. Cabe destacar que a primeira asociación xacobea creouse en París nos anos cincuenta do século pasado. Actualmente, Francia é o quinto país estranxeiro do que proceden máis peregrinos, superando os 8.000 camiñantes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta