Atopan o cadáver dun ancián que desapareceu dunha residencia de Rairiz de Veiga

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 15/11/2018 | Actualizada ás 10:29

Comparte esta noticia

Os efectivos de emerxencias atoparon, preto da medianoite, o cadáver dun ancián que horas antes desaparecera dunha residencia no municipio ourensán de Rairiz de Veiga.

Garda Civil
Garda Civil

A busca iniciouse a última hora deste mércores, segundo os datos do CIAE 112-Galicia, cando o home non regresou á residencia onde vivía tras a comida e á que debía volver durante a tarde.

No operativo de activado participaron axentes da Garda Civil e voluntarios, así como outros membros de corpos de emerxencias que, ao redor da medianoite, localizaron o corpo sen vida do home, sen signos de violencia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta