Sete detidos nunha operación antidroga en Pontevedra

A intervención, que aínda está en desenvolvemento, logrou incautar 500 quilos de cocaína, segundo as primeiras estimacións.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 15/11/2018 | Actualizada ás 13:41

Comparte esta noticia

Unha operación contra o tráfico de drogas que está en marcha en Pontevedra leva sete detidos e, segundo as primeiras estimacións, conseguiu a incautación de 500 quilos de cocaína.

Vivenda na que hai varios detidos nunha operación antidroga
Vivenda na que hai varios detidos nunha operación antidroga | Fonte: Europa Press

Segundo informaron a Europa Press fontes da investigación, cinco das detencións producíronse na cidade de Pontevedra e outras dúas no municipio de Ribadumia.

A operación lévaa a cabo o Greco (Grupos de Resposta Especial para o Crime Organizado). Nestes momentos, os axentes rexistran unha vivenda unifamiliar na Avenida de Buenos Aires, na cidade do Lérez.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta