Pontón "agradece" que Rufián defendese a Ana Miranda e Gómez-Reino conclúe o rifirrafe co deputado de ERC

A voceira do BNG criticou que o PP e o PSOE non se mostrasen a favor de que Miranda entrase como convidada á comisión de investigación do accidente do Alvia. Por outra banda, o voceiro de En Marea prefire "non dar espectáculos", en referencia á pequena liorta sobre se lle chamara "pallaso" ao deputado de ERC.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/11/2018 | Actualizada ás 14:20

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, quixo "agradecer" este xoves a "dignidade e solidariedade" do deputado de ERC no Congreso Gabriel Rufián por defender, antes da sesión da comisión de investigación do accidente do Alvia en Santiago, que puidese entrar como convidada a eurodeputada nacionalista Ana Miranda.

Foto do momento no que Ana Miranda e Rufián reprochan non poder entrar. BNG
Foto do momento no que Ana Miranda e Rufián reprochan non poder entrar. BNG | Fonte: Europa Press

Pontón criticou o "veto" de PP e PSOE a que Miranda entrase como convidada e, asemade, censurou a En Marea por que "se puxese de perfil neste caso", aínda que o seu portavoz na Cámara, Antón Gómez-Reino, quixo resolver xa a discusión. O propio Rufián, como se pode ver nun vídeo difundido polos nacionalistas, diríxese directamente ao líder de Podemos Galicia para esixirlle que dixese a súa posición, ante o que lle contestou que eles se expresaron a favor de que acudise na Mesa da comisión.

"Non vou entrar en provocacións", resolveu este xoves Gómez-Reino, nunha entrevista en TVE e recollida por Europa Press, ao ser preguntado por se lle chamou 'pallaso' a Rufián, tal como sostén o deputado de ERC.

O voceiro de En Marea manifestou que "todo o que ten que ver coa comisión do Alvia hai que tratalo con extremada delicadeza e mesura" e "non dar espectáculos a cuestións deste tipo". "O fundamental na comisión do Alvia é que teñen que ser os protagonistas as vítimas e a verdade", apuntou.

Así mesmo, volveu aclarar que "os primeiros en votar a favor de que a compañeira e amiga Ana Miranda puidese estar onte (por este mércores), foron eles (polo seu grupo)". "Haberá que preguntarlle a Rufián por que quixo montar este espectáculo fóra de lugar", sentenciou Gómez-Reino.

CRÍTICAS DE ANA PONTÓN

Con todo, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, destacou a "dignidade de visibilizar o veto a unha eurodeputada" por parte do deputado catalán e reivindicou que Miranda foi "unha das artífices de que houbese" o informe da Axencia Ferroviaria Europea sobre a investigación feita en España.

"A dignidade e a solidariedade hai que agradecela fronte a un PP e PSOE que nos vetan e a unha En Marea que tamén se puxo de perfil neste caso", sentenciou Pontón, a preguntas dos medios, nun acto en Ourense.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 Salchichocha

Abuso e deterioro interno coa militancia e nas institucions e medios de comunicación mendicidade. Iso e a U.P.G

2 LKI

Posverdades, fake-news e troleos, niso queda reducida a estratexia do BeNeGá.

1 Padiante

Pois xa é mais estratexia ca que teñen os de Podemos-En marea, coma nos contou Alexandra

1 Chico Percebe

El espacio en el que esta señora se encuentra cómoda está entre Rufián y Fachín.