A Xunta busca financiamento para o Xacobeo 2021 con desgravacións fiscais

Será a Axencia de Turismo a que xestione o evento e execute a programación, ademais de recibir as doazóns das empresas e de particulares.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/11/2018 | Actualizada ás 17:59

Comparte esta noticia

O Consello da Xunta atribuíu este xoves á Consellería de Cultura, a través da Axencia de Turismo, as facultades para a execución material dos plans e programas relacionados co Xacobeo 21. Isto significa que esta axencia da Consellería de Cultura será a encargada de xestionar o evento e executar a programación, de recibir as doazóns das empresas e de particulares; e de ser o órgano responsable da aplicación das doazóns á execución da programación aprobada e da súa supervisión.

Peregrinos do Camiño de Santiago (A Coruña). EUROPA PRESS - Archivo
Peregrinos do Camiño de Santiago (A Coruña). EUROPA PRESS - Archivo

A Lei de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2018 outorga ao ano santo Xacobeo 2021 a consideración de "acontecemento de excepcional interese público", unha cuestión na que se habilitan unha serie de beneficios fiscais, informou a Xunta. Neste contexto, o programa de beneficios fiscais, xa operativo desde o pasado 6 de novembro, estenderase até o 30 de setembro de 2021.

Tomando como marco a Lei 49/2002, distínguese entre as desgravacións por simple doazón e as desgravacións por publicidade. No caso da doazón simple, ao tratarse dun evento de "excepcional interese", a empresa en cuestión ten o dereito a desgravar o 40% do imposto de sociedades, un 5% máis con respecto a un evento normal.

No caso do IRFP, destaca a Xunta, a desgravación pode chegar até o 80% se as achegas son de 150 euros ou menos. As doazóns superiores a esa cantidade terán unha desgravación do 35%, un 5% máis con respecto a un evento normal.

DESGRAVACIÓN POR PUBLICIDADE

No caso das desgravacións por publicidade, hai que distinguir se se trata de publicidade esencial (directamente vinculada coa promoción do Xacobeo 21) ou non esencial. No primeiro suposto, as empresas poden deducir da cota íntegra do imposto de sociedades o 15% dos gastos que realicen en propaganda e publicidade. En todo caso, o importe final da dedución non pode exceder do 90% das doazóns realizadas.

Pola súa banda, no suposto de publicidade non esencial, no canto de desgravar o 15% de todo o gasto, tan só poderíase desgravar o 15% do 25% do gasto. Ademais das deducións por doazóns no imposto de sociedades e renda, existe a posibilidade de realizar outro tipo de deducións do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, do imposto sobre actividades económicas e dos impostos e taxas locais. No tres casos as bonificacións serán do 95%.

PROPOSTA DE GALICIA

Segundo a lei estatal de orzamentos, sería o Consello Xacobeo o órgano encargado da execución do programa, de recibir as doazóns das empresas e de velar porque estas doazóns se apliquen á organización dos plans e programas aprobados.

Con todo, en distintas reunións, Galicia defendeu que este procedemento non sería operativo para a xestión deste "acontecemento transcendental", e así llo trasladou ao Goberno central. Neste sentido, e por proposta da Comunidade galega, finalmente desbloqueouse " esta situación" e aceptouse a posibilidade de designar a unha entidade en cada comunidade autónoma para realizar este labor. No caso de Galicia será a Axencia de Turismo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 uu1

Curioso, eu pensava que o Xacobeo eu um bom negócio para a promoção da Galiza em todas as facetas, cultura galega, paisagem galega, comida galega, etc, que tinha como objetivo final obter benefícios econômicos para Galiza. Agora parece que os galegos temos que pagar para ter o Xacobeo regalando desgravações fiscais.