Denuncian o "incumprimento dos servizos mínimos" na folga nas Urxencias do Hospital Clínico de Santiago

A Comisión de Centro de atención especializada do CHUS asegura que a xerencia incumpre o decreto de folga.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 15/11/2018 | Actualizada ás 18:30

Comparte esta noticia

A Comisión de Centro de atención especializada do Hospital Clínico de Santiago de Compostela (CHUS) denuncia o "incumprimento dos servizos mínimos os tres primeiros días de folga, que se desenvolve dende ás 08:00 horas dos luns ata ás 08:00 horas dos xoves.

Protesta do persoal de Urxencias do CHUS
Protesta do persoal de Urxencias do CHUS

Segundo esta comisión, todo o servizo de Urxencias estaba de servizos mínimos e "ningún traballador poder facer efectivo o dereito a folga". "A xerencia do Hospital Clínico de Santiago reforzou o servizo de urxencias con presenzas a maiores incumprindo o decreto de folga", denuncia, polo que di que "dende a Comisión de Centro imos denunciar xudicialmente este feito".

Os representantes dos traballadores reuníronse no Parlamento de Galicia cos grupos parlamentarios de En Marea e PSG-PSOE para transmitirlle as inquedanzas e reinvindicacións dos traballadores do servizo de Urxencias do CHUS e pedirlles que medien na folga para que a mellora do servizo redunde en beneficio dos usuarios para unha asistencia de calidade.

O luns 19, o comité de folga e a xerencia do Hospital Clínico manterán unha reunión, na cal os sindicatos transmitirán "a necesidade de aumento dun cadro de persoal estable que permita manter no tempo un servizo de urxencias á altura das demandas dos usuarios para que a saturación de pacientes non o colapse".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta