Chega un novo temporal a Galicia durante a fin de semana

Alerta laranxa este sábado no litoral da Coruña e Pontevedra ante esta nova borrasca.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/11/2018 | Actualizada ás 14:42

Comparte esta noticia

A Xunta activou a alerta laranxa para este sábado en todo o litoral das provincias da Coruña e Pontevedra pola chegada dun temporal que podería deixar ondas de entre cinco e seis metros na costa galega.

Ondada este domingo 4 de novembro en Malpica de Bergantiños
Ondada este domingo 4 de novembro en Malpica de Bergantiños | Fonte: Europa Press

A medida foi decretada este venres polo Goberno galego, que recomenda a suspensión das actividades pesqueiras e marisqueiras en toda a costa polas previsións do mal estado da mar.

Así mesmo, tamén chama a extremar as precaucións en toda actividade que se realice na costa e que revisen os amarres das embarcacións nos portos, onde se debe evitar camiñar por diques de abrigo e outras zonas expostas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta