Pasan a disposición xudicial este sábado os detidos en Madrid e Galicia nunha operación antidroga

Dúas persoas foron detidas en Ribadumia, catro en Madrid, cinco en Pontevedra e catro máis en Colombia.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 16/11/2018 | Actualizada ás 19:08

Comparte esta noticia

Os once detidos na operación policial antidroga despregada este xoves en Pontevedra e Madrid a instancias da Audiencia Nacional polo Greco (Grupos de Resposta Especial para o Crime Organizado) e a Brigada Central de Estupefacientes pasarán este sábado a disposición do Xulgado Central de Instrución número 3, segundo informaron  fontes xurídicas.

Policía Nacional. CNP - Archivo
Policía Nacional. CNP - Archivo

En concreto, catro persoas foron detidas en Madrid, dúas no municipio galego de Ribadumia e outras cinco en Pontevedra, onde a policía atopou 650 quilos de cocaína nun chalé á beira do río Lérez. No entanto, segundo fontes da investigación, producíronse nas últimas horas catro detencións máis en Colombia, polo que a cifra de supostos implicados ascendería a 15. De feito, a operación continúa aberta e non se descartan máis detencións.

Os sete detidos en Galicia viaxaron ao longo deste venres a Madrid, xunto o material intervido, para pasar a disposición do xuíz Diego de Egea, que asume a garda do Xulgado Central de Instrución número 3 cuxa última titular, Carmen Lamela, incorporouse ao Triunal Supremo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta