Trasladada ao hospital unha muller de Ferrol por intoxicación por fume nun incendio

O suceso aconteceu dentro da súa vivenda, concretamente na cociña. Os bombeiros sufocaron o lume.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/11/2018 | Actualizada ás 20:08

Comparte esta noticia

Unha muller de avanzada idade foi trasladada ao Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF), por intoxicación por inhalación de fume debido ao incendio que se orixinou nunha tixola e que afectou á súa vivenda.

Servizo de emerxencias 112
Servizo de emerxencias 112

Así o informou o servizo de emerxencias do 112 Galicia, que tivo constancia do incendio a través da chamada dun veciño do inmoble ao redor das 15,00 horas, que comunicaba que precisaban axuda para acceder á vivenda, situada no número 31 da Avenida de Viveiro en Ferrol.

Os xestores do 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento dos Bombeiros de Ferrol, do 061-Urxencias Sanitarias, da Policía Local e de Protección Civil. Unha vez no lugar dos feitos, os efectivos sanitarios evacuaron nunha ambulancia á muller e os membros dos bombeiros da cidade atallaron o lume.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta