Temas: O PINO TOURO MINA

Concentración este domingo na Alameda de Santiago contra a mina de O Pino-Touro

O acto está convocado para as 12:30 pola Plataforma Veciñal Mina Touro-O Pino Non.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/11/2018 | Actualizada ás 18:11

Comparte esta noticia

Este domingo 18 de novembro ás 12:30 horas celebrarase unha concentración cívica de repulsa contra a “pretendida reapertura da mina de cobre de Touro-O Pino”. O acto terá lugar á entrada da Alameda compostelana debaixo da pancarta alí colocada coa autorización do Concello de Santiago e co seguinte lema: “NON Á MINA DE TOURO-O PINO. PEDIMOS RESPECTO”. A esta concentración  “están convidados a veciñanza de Santiago, as asociacións veciñais, culturais e sociaias compostelás e todos  os grupos da Corporación municipal”.

Pancarta en contra da mina de Touro-O Pino
Pancarta en contra da mina de Touro-O Pino | Fonte: Plataforma Mina Touro-O Pino Non

Para a Plataforma e outras entidades sociais e políticas, a reapertura da mina de cobre a ceo aberto afectaría moi gravemente á calidade de vida e á saude dos cidadáns, ao medio ambiente e, tal como denunciou recentemente ICOMOS, órgano asesor da UNESCO, ao propio Camiño de Santiago.

Temas: O PINO TOURO MINA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta