Morre un dos grandes empresarios galegos

Mentiría se dixera que coñecía a José Manuel Pérez Canal, o coxerente de Aceites Abril e Presidente da Confederación de empresarios de Ourense.

Por Arán Feijoo | Vigo | 19/11/2018

Comparte esta noticia

Con todo, si coincidín con el nalgúns momentos importantes. Foi durante a cea do corenta aniversario da Confederación de empresarios de Pontevedra, nunha das reunións de principio de ano da Confederación de empresarios de Galicia tras a dimisión de Antón Arias. O día da Toma de Posesión da Presidenta do Círculo de empresarios de Galicia.

José Manuel Pérez Canal, xerente de Aceites Abril
José Manuel Pérez Canal, xerente de Aceites Abril | Fonte: EP

En todas estas ocasións, sinaladas, observeino e conformeime unha opinión acerca del, xunto coa información que fun recollendo e as opinións que fun escoitando, que non compartín con ningúen. Agora co seu falecemento, aos 55 anos, presa dun cancro recentemente diagnosticado, si estou liberado de poder dala.

Era un empresario, en maiúsculas, dialogante, pero rochoso, o maior de sete irmáns que encabezo co seu Máster en dirección de empresas debaixo do brazo o crecemento do negocio do seu pai “Aceites Manuel Pérez Delgado” situado nun dos barrios de Ourense até transformalo en aceites Abril.

Aceites abril, que o ano pasado facturou máis de 200 millóns de euros, é un referente de empresa e expandiuse polos catro continentes. Decidiu encabezar a patronal de Ourense e conseguiuno superando a dimisión de dúas dos seus vicepresidentes e conseguindo unha patronal con estabilidade interna e contas razoablemente saneadas, unha organización estable.
Un empresario cun modelo de empresa na cabeza, comprometido con Ourense e respectado na súa provincia e fóra dela. Intentou ser presidente da Confederación de Empresarios de Galicia e non o conseguiu pero empresario dos pés á cabeza volveuno a tentar e acabaría conseguíndoo.

Unha historia como peche. Hai uns seis anos  o Coordinador de Rexistro de Buques da Capitanía Marítima de Vilagarcía coméntome que tivera a visita do Presidente de Aceites abril, o cal desexaba realizar a instalación duns depósitos no porto para acumular o aceite que traía de Andalucía e outras rexións para procesar despois na planta de Ourense. O funcionario indicoulle que non era posible e preguntoulle porque a planta estaba en Ourense se a materia prima viña das oliveiras do Sur, e se non sería máis cómodo instalar a planta alí.

A resposta, querido lector, foi contundente: “porque somos unha empresa Galega”.

Descanse en Paz.
 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Arán Feijoo Covelo Consultor e RRPP. Nacido en 1978, en Vigo provincia de Pontevedra .Compaxina desde o ano 2009 labores como Auditor de Sistemas de Xestión para empresas e Institucións coa propias de Consultor empresarial en Procesos de Xestión da Calidade, o Medio e a Seguridade e saúde no traballo. LinkedIn