Rescatan o ocupante dun coche que saíu da estrada en Sarreaus

O vehículo quedou en posición inestable cousa que obrigou a facer manobras de corrección.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 18/11/2018 | Actualizada ás 11:28

Comparte esta noticia

Un dos tres ocupantes dun coche tivo que ser rescatado na noite deste sábado despois de que o vehículo saíse da vía en Sarreaus (Ourense).

Tramos de estradas
Tramos de estradas

Segundo informa o 112, foi un dos afectados o que contactou co servizo de emerxencias pasadas as 23,00 horas para solicitar axuda para un compañeiro que permanecía atrapado no interior do coche e con dores no peito.

Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) pediuse a colaboración dos Bombeiros de Xinzo co fin de liberar á persona atrapada e facilitar o acceso aos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias.

Tal e como indicaron os efectivos, cando chegaron atopáronse o vehículo en posición inestable nunha estrada asfaltada que enlaza a parroquia de Lodoselo cun merendeiro.

Unha vez estabilizado o coche e rescatado o ocupante que permanecía atrapado, o ferido foi evacuado polo equipo sanitario ao centro hospitalario de referencia. Os outros dous ocupantes saíron do coche polos seus propios medios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta