Pais e nais de Cariño esixen que as necesidades educativas dos seus fillos "estean ben cubertas"

A Asociación de Nais e Pais do CEIP Manuel Fraga, di buscar o incremento de horas do docente de linguaxe e audición.

Por Europa Press / Redacción | Cariño | 18/11/2018 | Actualizada ás 17:58

Comparte esta noticia

Pais e nais manifestáronse este domingo polas rúas do municipio coruñés de Cariño para esixir que as necesidades educativas dos seus fillos "estean ben cubertas" no CEIP Manuel Fraga Iribarne desta localidade.

Manifestación de pais e nais en Cariño (A Coruña). REMITIDA ÁRTABRA COMUNICACIÓN
Manifestación de pais e nais en Cariño (A Coruña). REMITIDA ÁRTABRA COMUNICACIÓN | Fonte: Europa Press

Segundo explicou a presidenta da ANPA, Carmen Estruch, con esta protesta buscan que se incrementen as horas do docente de audición e linguaxe neste centro. E é que, segundo indicou, neste curso, a pesar de ter un neno máis con estas necesidades, a Xunta reduciulle o horario deste docente de cinco a tres días.

"A conselleira de Educación di que todos os nenos están atendidos, pero a pregunta é se están ben atendidos", sinalou a presidenta da ANPA, que participou na manifestación que este domingo percorreu as rúas de Cariño desde o Concello até o propio centro.

A marcha estivo encabezada por unha pancarta na que se puido ler 'Un especialista en audición e linguaxe cinco días e un coidador máis. Educación de calidade para todos'. Entre os participantes, que a organización cifra nuns mil, estiveron o alcalde de Cariño José Miguel Alonso Pumar, edís de todos os grupos municipais e veciños desta e outras localidades próximas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta