Detida por apuñalar o seu marido para defenderse dunha presunta agresión machista

O suceso tivo lugar durante a madrugada do sábado na localidade lucense de Monforte de Lemos. Os axentes investigan o ocorrido para concluír se a muller actuaba en defensa propia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/11/2018 | Actualizada ás 11:07

Comparte esta noticia

A Policía Nacional detivo na madrugada do sábado a unha muller por apuñalar ao seu marido, de 55 anos, para supostamente defenderse dunha agresión machista en Monforte de Lemos (Lugo), segundo informan fontes da Policía Nacional.

Violencia machista / Macnolete en Flickr www.flickr.com/photos/macnolete/2599959533
Violencia machista / Macnolete en Flickr www.flickr.com/photos/macnolete/2599959533

O suceso, que ocorreu na zona coñecida como Casas Baratas, rematou coa hospitalización do home, que sufriu feridas superficiais e que se atopa fóra de perigo, segundo indican estas mesmas fontes.

Así, os axentes abriron unha investigación, que incluirá unha avaliación psicolóxica da muller e determinará se a presunta agresora actuaba en defensa propia. Estímase que a muller pase a disposición xudicial ao longo deste luns.

Tal e como indican fontes do 061-Urxencias Sanitarias, o home foi atendido polos servizos médicos e trasladado a un centro hospitalario nunha ambulancia asistencial.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta